Notas de prensa

Sanjurjo e Martín, en individuais, e Pena e Nogueira, en dobres, gañan o Galego de Tenis en categoría cadete

Adam Sanjurjo, Rocío Martín e a parella formada por Pena e Nogueira, coroáronse como os mellores tenistas galegos cadetes no Campeonato Galego celebrado nas instalacións do Club de Tenis Vilalbés, no que participaron 65 rapaces.

Adam Sanjurjo, Rocío Martín e a parella formada por Pena e Nogueira, coroáronse nas instalacións do Club de Tenis Vilalbés como os mellores tenistas galegos cadetes. Foron 65 os rapaces que acudiron á capital chairega, desde o 29 de xuño ao 4 de xullo, para desputarse o trofeo que os acreditase como as mellores raquetas do panorama galego.

A categoría masculina non tivo demasiada historia. Adam Sanjurjo manifestou o seu absoluto dominio sobre as pistas vilalbesas. O tenista non cedeu un set e tan só o finalista, Carlos Tajes, o puido poñer nalgunha dificultade. Sobre todo no primeiro set, onde foi capaz de gañar cinco xogos para rematar perdendo por 7-5. No segundo non houbo espazo para a sorpresa e rematou cun claro 6-3. Pero onde se puido comprobar a carencia de rivais e a superioridade de Sanjurjo foi nas semifinais, xa que se desfixo de Iñaki Pena por un clarísimo 6-0 e 6-2.

Non houbo moita mais disputa en féminas. Rocío Martín deixou as cousas ben claras desde o comezo. No seu primeiro partido, en cuartos de final, endosoulle dous “roscos” (6-0 e 6-0) a Silvia Piñeiro. Tampouco tivo consideración de Tamara Álvarez en semis, e a derrotou con facilidade por un dobre 6-2. Na quenda final enfrontouse a Andrea Retolaza, que viña de derrotar a Eva Villar por 6-3 e 6-3. Despois dun primeiro set apretado, resolto cun break ao seu favor, por 6-4; volveu o martelo de Martín no segundo e non deu ningunha opción a Retolaza, que caeu cun 6 a 0.

Na categoría de dobres o triunfo foi para Pena e Nogueira, que non tiveron problemas para gañar a Sabrojo e Cuenca (6-0 e 6-3) e confirmar o seu favoritismo, sobre todo despois de firmar un 6-0 e 6-1 e un 6-2 e 6-0 nos cuartos e nas semifinais respectivamente.

Terra Chá...Xa, 2009-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES