
Reunido na sede do GRUPO FOTOCINEMATOGRÃFICO FONMIÑà (Concepción Arenal - Lugo), o Xurado do Certame convocado por esta Agrupación para elixir o cartel anunciador da XXXI SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE LUGO.
O xurado estIvo formado por :
JOSÉ PIÑEIRO (Concelleiro. En representación do Concello de Lugo)
AURELIA BALSEIRO (Directora do Museo Provincial. En representación da Deputación Provincial-Vicepresidencia)
ALFREDO SEIXAS (Pintor. En representación da Xunta de Galicia)
PALOMA LUGILDE (En representación do Vicerrectorado-Campus de Lugo). e os membros de Fonmiñá
CARLOS RODRÃGUEZ (vocal de video)
MANUEL CURIEL (Director da Semana de Cine) e
XULIO XIZ (Presidente).
Foi elixido cartel anunciador da XXXI SEMANA DE CINE DE LUGO o deseño presentado por JOSÉ PORTAS GARCÃA, de Lugo, que será utilizado como elemento identificador desta XXXI edición a celebrar o mes de setembro.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.