
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, valorou especialmente a implicación cen por cen manifestada por sindicatos e patronal do metal e instounos a solucionar o conflito do sector para evitar perdas no tecido empresarial.
Mato realizou estas declaracións despois de manter un encontro con representantes de cinco patronais, e de reunirse onte cos representantes sindicais de CCOO, UGT y CIG. O dobre obxectivo das reunións era facer un chamamento ao consenso desde a Xunta de Galicia e coñecer de primeira man o sentir de cada unha das partes.
A titular de Traballo amosou a súa preocupación pola situación que se está producindo en Vigo e considerou que non pode continuar. Por iso, destacou o compromiso de patronal e sindicatos de facer todo o posible para que nestes días se poda chegar a un acordo.
Pola súa banda, Mato comprometeu todos os esforzos do seu departamento no que atinxe á mediación, que é o que o Goberno galego pode achegar e o que leva facendo desde o primeiro momento.
Por iso, asegurou que a Consellería traballará dentro de todas as súas responsabilidades para crear un ambiente axeitado para chegar a un consenso.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.