
O galego que se desprazou a Baku xunto coa Selección Española que participa na Copa do Mundo, estivo quince días adestrando no CAR antes de desprazarse para participar no Mundial Paralímpico.
Na viaxe presentáronselles varios problemas de aloxamento, estando nun principio aloxados nun barco recén pintado o que lles impedíu un bo descanso debido ós vapores da pintura, pasando posteriormente a un hotel de cinco estrelas.
Alex Vidal adestra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ás ordes de Jesús Benito, onde se poido ir familiarizando cos petos electrónicos Lajust usados na competición, sendo o centro galego o único de toda España que conta cos mesmos para o adestramento.
No Mundial Paralímpico tamén subiron ó podio Aitami José da comunidade Canaria cun ouro e Gabriel Amado de Extremadra cunha prata.
A prata de Alex Vidal senta a base dunha importante proxección no taekwondo paralímpico e mantén a linea do gran nivel que está a demostrar o Taekwondo Galego.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.