
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, reuniuse cos membros do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), aos que lles presentou as bases do concurso internacional a través do que sairá elixido o director/a do devandito centro. É a primeira vez, nos seus dezaseis anos de funcionamento, que o CGAC contará cun director/a a través dun concurso internacional no ámbito europeo. O obxectivo deste proceso, que ten como base o documento cero do sector do arte contemporáneo sobre boas prácticas en museos e centros de arte, é mellorar a imaxe pública do Museo, facer del un centro que achegue o arte moderno a tódolos galegos e que sexa cita obrigada para os visitantes de Santiago de Compostela, cunha programación de incuestionable calidade a nivel internacional.
Estas boas prácticas relaciónanse estreitamente co papel social dos museos e centros de arte contemporáneo e precisan do establecimento dun proxecto cultural ben definido, sobre o que estarán basadas tódalas actuacións.
É decisión da ConsellerÃa de Cultura e Turismo aplicar estes criterios unha vez avaliadas as experiencias previas noutros centros como o Museo Nacional Centro de Arte Reina SofÃa, Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León ou o Museo Picasso de Málaga.
Bases
Un dos requisitos fundamentais nas bases do concurso será a presentación dun proxecto que defina os fines, valores, liñas, programas e obxectivos que os candidatos se propoñen conseguir ou desenvolver. Segundo os principios adiantados hoxe polo conselleiro, Roberto Varela, o proxecto de dirección do CGAC deberá ter en conta a opinión, participación e o logro do máximo consenso posible entre os expertos e interlocutores do mundo do arte e que relacione o proxecto artÃstico co esforzo económico esixido, tanto de construción ou rehabilitación do edificio, adquisicións, programas e persoal.
Candidato
Acreditar experiencia na dirección ou xestión de museos ou centros de arte contemporáneo, coñecer ou ter vinculación co medio cultural e artÃstico galego e internacional asà como posuir unha titulación universitaria con nivel de licenciatura son algúns dos requisitos que tera que cumplir o futuro director/a do CGAC. Ademáis, serán valorados os traballos de creación artÃstica, os cientÃficos, publicación e recoñecementos académicos no ámbito da cultura e do arte contemporáneo.
O candidato deberá presentar un informe/memoria coas liñas xerais do seu proxecto para o Centro Galego de Arte Contemporáneo cun horizonte de cinco anos. Deste xeito trátase de desvincular o seu mandato da duración dunha lexislatura polÃtica e de garantir o desenvolvemento do programa.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.