A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asegurou en Lugo que a prioridade do Goberno galego é por freo á lacra do desemprego e para iso está a traballar nun plan de choque no que están implicadas oito consellerías.
Lembrou que o obxectivo desta mesa de traballo, composta por diferentes departamentos da Xunta, é elaborar un documento con diferentes medidas de aplicación urxente que poidan paliar as cifras do paro e que permitan impulsar o tecido produtivo de Galicia.
Mato, que hoxe clausurou o acto de graduación da XII promoción de diplomados de Relacións Laborais, apostou por desenvolver estratexias que incrementen a produtividade e que dean maior axilidade co fin de abrir novos mercados de traballo e canles alternativas.
Ao mesmo tempo, indicou Mato, é necesario acometer a modernización dos servizos públicos de emprego e revisar os plans educativos para adaptalos ás necesidades do mercado laboral, así como incrementar o investimento en I +D e reformular as políticas activas de emprego.
A planificación económica e industrial do futuro, dixo, debería basearse en sectores de alto valor engadido, cunha alta capacidade de capilaridade, entre eles, subliñou.
Así mesmo e ante a preocupación existente sobre o incremento de solicitudes de Expedientes de Regulación de Emprego, Mato garantiu que o Goberno galego vai ser moi escrupuloso coa resolución dos ERE e non vai permitir que ningunha empresa se aproveite para atentar contra os dereitos dos traballadores.
Tanto o número de EREs como as cifras do paro piden á sociedade a búsqueda de fórmulas consensuadas para paliar os efectos da crise e que Galicia poida voltar ao emprego estable, concluíu Mato.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.