
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, presidiu na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago a presentación da colleita de 2008 da Denominación de Orixe Valdeorras. Neste acto o titular de Medio Rural estivo acompañado polo presidente da Denominación de Orixe, José Luis García Pando.
Na presentación da colleita, que o Consello Regulador celebra por segundo ano consecutivo na capital de Galicia, participaron un total de 26 adegas desta D.O., e asistiron representantes dos sectores da hostalería, a restauración e a distribución, así como catadores, sumilleres e prensa especializada. Os presentes tiveron a oportunidade de coñecer os viños da colleita de 2008 a través de degustacións comentadas polos propios adegueiros.
A produción total de uva en Valdeorras na campaña de 2008, segundo os datos do propio Consello Regulador, foi de 4,8 millóns de quilos, un resultado que se considera satisfactorio, tendo en conta as adversas condicións meteorolóxicas que se rexistraron, especialmente nos meses de verán.
A anada da Denominación de Orixe Valdeorras foi cualificada como moi boa pola Asociación Galega de Catadores.
Nesta presentación da colleita de Valdeorras correspondente ao ano 2008 participaron as seguintes adegas: Adega Alán; Adegas A Coroa; Adega da Pinguela; Bodega Carballal; Bodega Coop. Jesús Nazareno; Bodega Coop. Sta. Mª de los Remedios; Bodega Coop. Virxen das Viñas; Adegas Día-Noite; Bodega Godeval; Bodega Germán Rodríguez Prada; Bodega Germán Rodríguez Salgado; Bodega Joaquín Rebolledo; Bodega Manuel Corzo Macías; Bodega María Teresa Núñez; Adegas Melillas; Adega O Casal; Adega O Cepado; Adega Quinta da Peza; Bodega Rafael Palacios; Bodega Ruchel; Bodega Señorío de Roblido; Bodega Sampayolo; Bodega Santa Marta; Viña Somoza, Bodegas y Viñedos; Bodega Virxe de Galir e Bodega Valdesil.
CRDO Rías Baixas
Pola mañá, o conselleiro do Medio Rural recibiu no seu despacho de San Caetano a unha delegación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, encabezada polo seu presidente, José Ramón Meiriño.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.