Notas de prensa

Medio Rural reitera o compromiso de manter a actividade de Leche Pascual

O conselleiro de Medio Rural, na xuntanza co comité de empresa da factoría de Lugo, destaca que a Xunta está politicamente comprometida en favorecer iniciativas empresariais que busquen manter a actividade da planta de Leche Pascual en Galicia e a continuidade dos postos de traballo.

O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de favorecer calquera iniciativa que conleve o mantemento da planta que a empresa Leche Pascual posúe na localidade luguesa de Outeiro de Rei e a continuidade dos postos de traballo. Así o manifestou hoxe, logo de manter unha reunión cos representantes do Comité de Empresa da factoría.

O conselleiro relatou que durante a xuntanza mantiveron un intercambio de opinións sobre a situación que atravesa a planta. Nela, o titular de Medio Rural expuxo polo miúdo o interese que ten para a Xunta de Galicia que non se paralice a produción nesta fábrica leiteira luguesa e, nese sentido, amosou a disposición do departamento que dirixe por favorecer calquera iniciativa empresarial para sacar adiante un plan industrial diferente co obxectivo de manter a actividade en Outeiro de Rei, ou calquera proposta de tipo cooperativo que puidera facerse cargo da planta e producir desde este municipio.

O conselleiro explicou que para concretar este respaldo necesítase dun proxecto concreto que defina cales son os apios necesarios e de que maneira de poden artellar. “O que si lles asegurei é que politicamente a Xunta está comprometida en favorecer dentro das súas posibilidades a continuidade da actividade”, remarcou Juárez.

Na súa intervención ante os medios, reiterou a disposición da Xunta a ter “todo o celo necesario” para que os dereitos dos traballadores se respecten dentro de todo este proceso. “É evidente que os traballadores non poden ser as vítimas desta situación -dixo o titular de Medio Rural-, e o interese da Xunta por este asunto non só reside no prexuízo que poida ocasionar esta situación aos empregados da factoría senón para todo o sector gandeiro que está en torno á actividade da empresa e que está sufrindo moito a redución da actividade desta planta”.

Clima de entendemento

Respecto ás manifestación convocada hoxe polo Sindicato Labrego Galego para protestar porque dúas granxas da Mariña non rexistran recollida de leite, Samuel Juárez expresou o seu desexo de poder ter “unha pronta solución” para o problema que atravesan estas dúas explotacións. Así mesmo, lamentou que esta situación dea pé a que se organicen este tipo de accións reivindicativas posto que non benefician “para nada“ que se resolva o conflito do sector leiteiro en Galicia xa que “non favorecen un clima de entendemento nin a busca de solucións entre todos”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES