Notas de prensa

El Corte Inglés convoca o XI Concurso de Carteis Día das Letras Galegas 2009

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2009 El Corte Inglés de Galicia, en colaboración con Ãmbito Cultural El Corte Inglés, convoca este concurso dirixido aos alumnos de entre 12 e 18 anos matriculados no ensino secundario galego.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2009 El Corte Inglés de Galicia, en colaboración con Ãmbito Cultural El Corte Inglés, ven de convocar o XI CONCURSO DE CARTEIS DIA DAS LETRAS GALEGAS 2009. O concurso vai dirixido a tódolos alumnos matriculados nun centro de ensinanza secundaria de Galicia que teñan entre 12 e 18 anos.

Os traballos deberán ser realizados a título individual e obrigatoriamente deberán aludir o persoeiro a quen está adicado o Día das Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro.

Haberá un primeiro, un segundo e un tercer premio en cada centro de El Corte Inglés Galicia (Vigo, A Coruña e Santiago) . De entre os elexidos como 1º premio das fases locais, elixirase o gañador absoluto do concurso; o seu traballo converterase no cartel oficial e na imaxe corporativa das actividades programadas que conmemoren a celebración do Día das Letras Galegas nos Centros de El Corte Inglés en Galicia.

Premiarase tamén o Centro Escolar que presente a mellor e maior labor de conxunto

O prazo de admisión pecharase o 2 de maio.


Mais información no Departamento de Relacións Externas de El Corte Inglés (Vigo e Coruña) e no Centro Comercial Compostela.

El Corte Inglés, 2009-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES