Notas de prensa

Tui celebra do 1 ao 3 de maio a XIII Feira de Artesanía

A rúa Ordóñez de Tui vai acoller dende o venres 1 de maio, e ate o domingo 3, a XIII Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura de Tui coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño. Participan artesáns tanto galegos, coma de Portugal ou mesmo de Puebla de Sanabria.

A rúa Ordóñez de Tui vai acoller dende o venres 1 de maio e ate o domingo a XIII Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura de Tui coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño.

Dende ás 12 do mediodía e até ás dez da noite, nestes tres días poderanse visitar os corenta postos de artesáns tanto galegos, coma de Portugal ou mesmo de Puebla de Sanabria que amosarán na cidade as súas creacións en téxtil, madeira, coiro, cerámica, cestería, instrumentos musicais... Moitos deles estarán traballando en vivo ante o público, que poderá adquirir nos postos as pezas en exposición.

A feira foi presentada esta mañá polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e polo Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, xunto a cinco artesáns tudenses que acudirán á feira.

O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez explicou na súa intervención que a feira este ano, ao ser o día 1 venres festivo, ten lugar un día máis. Apuntaba amais que se trata dun evento consolidado que esperta gran interese, nese senso indicaba que “é unha aposta máis de plasmar a artesanía dos distintos pobos”. Engadía que “a clave é conseguir que veña xente a Tui e dinamizar tamén o comercio local”.

Pola súa parte o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, explicou que ampliar o número de postos que están presentes na feira repercutiría negativamente na súa continuidade xa que os artesáns venderían menos e non lles compensaría vir, do mesmo xeito que ampliar o seu espazo ao conxunto histórico conlevaría para o concello incrementar o orzamento que dedica a esta actividade. Subliñaba amais que do mesmo xeito que o pregón das Festas de San Telmo o le un tudense tamén a inauguración da Feira a fará un artesáns tudense. Abondaba tamén que en momento de crise, coma os actuais, a artesanía ten máis saída porque ao non haber intermediarios os prezos non se disparan, e o produto elaborado manualmente gaña valor.

Os artesáns tudenses presentes na rolda de prensa explicaron as creacións que van achegar esta fin de semana. Cristina, xunto a dúas compañeiras, presentará complementos coma collares, diademas, broches de pelo... elaborados con fieltro, ganchillo ou bordado. Paco é un xubilidado que atopou na cestería un bo entretemento para pasar o tempo elaborando paragueiros, paneiras, cestas, xarróns... Emilia Rosende presentará flores, casas,...e motivos de aldea en cerámica. Isabel Huerga traballa a seda en panos, corbatas, fulares, pendentes, pero tamén realiza tapices en alto lizo. Por último Mari, a Presidenta da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño, explicaba o traballo que realizan en fermosas e laboriosas pezas.

A rúa Ordóñez contará con decoración con estandartes e pendóns, ao igual que anteriores edicións, e non faltará a ambientación musical. Amais está prevista a actuación de grupos folclóricos tudenses cada día ás 12 e ás 18h. Serán “Xuntanza” de Randufe, “Santa Columba” de Ribadelouro, “San Fins” de Rebordáns, “Seixos Albos” de Areas, “Inquedanzas” de Pazos de Reis, e “O Mosteiro” de Pexegueiro.

XIII Feira de Artesanía
Data e hora: rúa Ordóñez do 1 ao 3 de maio de 12 a 22h
40 postos de artesanía
Actividades:
- Venres
• Ãs 12h Grupo folclórico “Xuntanza” de Randufe
• Ãs 18h Grupo folclórico “Santa Columba” de Ribadelouro
- Sábado
• Ãs 12h Grupo folclórico “San Fins” de Rebordáns
• Ãs 18h Grupo folclórico “Seixos Albos” de Areas
- Domingo
• Ãs 12h Grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis
• Ãs 18h Grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro
- Organiza: Concellería de Cultura
- Colabora: Asociación de Palilleiras do Baixo Miño

Gabinete de Comunicación do Concello de Tui, 2009-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES