Notas de prensa

Deputación e Concello colaboran no VI Rallye Cidade de Lugo de Clásicos

Presentada a VI edición do Rallye Cidade de Lugo que organiza a Asociación Lucense de Automóbiles Antigos e Clásicos e que se desenvolve en varias zonas da alta montaña de Lugo o sábado 25 de abril.

O delegado da Área de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, presentou a VI edición do Rallye Cidade de Lugo que organiza a Asociación Lucense de Automóbiles Antigos e Clásicos e que se desenvolve en varias zonas da alta montaña de Lugo o sábado 25 de abril. No acto de presentación tamén estiveron presentes o concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, o responsable de seguridade viaria do rallye, Carlos Somoza López, e outros integrantes da sociedade organizadora.

Na súa intervención, Antonio Veiga resaltou que a posta en marcha de iniciativas coma esta serven para potenciar e promover de forma conxunta o deporte e o turismo lucense. Así, este rallye contribuirá en boa medida a “pór en valor” non só o Concello de Lugo, senón outras localidades polas que transcorreá o campionato, asegurou. Nesta liña, o delegado da Área de Deportes da Deputación de Lugo lembrou que esta institución está “aberta” e disposta a colaborar neste tipo de proxectos xunto co resto das administracións do conxunto do país.

Segundo informou a organización do evento, o número total de pilotos e vehículos inscritos, respectivamente, nesta última edición do Rallye Cidade de Lugo ascende a 40. Este proxecto conta coa colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo, a Concellería de Deportes do Concello de Lugo, Lugauto S.A. e Almacenes Méndez S.L. Ademais tamén cooperan nesta iniciativa e realización do campionato os concellos da Pontenova, Baralla, Castroverde e Meira, localidades nas que se disputará algunha das fases do rallye.

Tal e como comentou o responsable da seguridade viaria do rally e o seu portavoz, Carlos Somoza López, esta competición é unha proba turística destinada exclusivamente a vehículos clásicos. Ademais, o torneo, que se enmarca dentro do campionato Clásica Galicia 2009, contará cun percorrido aproximado duns 310 km divididos en dúas seccións –mañá e tarde- que transcorrerán por “tramos míticos das zonas da montaña de Lugo”. A saída do primeiro dos vehículos está prevista para as 10:00 horas da Praza Maior de Lugo. Os participantes reagruparanse ás 13:45 horas en Meira e ás 16:00 horas está prevista a saída da segunda sección coa chegada á Cidade das Murallas ás 19:45 horas.

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo), 2009-04-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES