
A partires do 15 de Abril xa se pode atopar nas tendas, distribuÃdo por A Lonxa Cultural, o novo traballo audiovisual da Asociación de Gaiteiros Galegos Trece Lúas.
Trece Lúas é un libro-CD-DVD que nos convida a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción e co ciclo do ano como fondo da escena. É unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aà e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente (“O QuiquiriquÔ e “Pelo Gato 24”), trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.
Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos temos a convicción de que o futuro das nosas tradicións, o garante da súa supervivencia, está na xuventude. Debemos achar a maneira de que a liña de transmisión cultural se adapte aos tempos para seguir sendo efectiva. Asà elaboramos Trece Lúas, dun xeito respectuoso coas nosas tradicións e ao mesmo tempo atractivo, aplicando as novas tecnoloxÃas das que dispoñemos. Agardamos que poida ser utilizado como elemento educativo en calquera dos ámbitos, xa sexa escolar ou familiar, e supoña un paso máis de cara á normalización da nosa música tradicional.
Este novo traballo, editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, conta có patrocinio da ConsellerÃa de Cultura da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, e da Universidade de Vigo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.