
Continuando coa iniciativa lanzada o pasado ano a Adega RosalÃa de Castro repartirá con motivo da celebración do DÃa do Libro centos de botellas do seu albariño RosalÃa de Castro nas principais librerÃas galegas. Esta orixinal proposta vai camiño de converterse en toda unha tradición pois son cada vez máis os libreiros que deciden unirse a este maridaxe entre viño e literatura.
Para festexar o DÃa Internacional do Libro o próximo 23 de abril todos aqueles que se acheguen ás librerÃas adheridas a esta orixinal iniciaiva e adquiran libros por un importe superior a 25 € serán obsequiados cunha botella de viño albariño RosalÃa de Castro e un marcapáxinas promocional.
Deste xeito a adega de RÃas Baixas RosalÃa de Castro quere colaborar na promoción e divulgación do placer da lectura xunto a máis de 30 librerÃas galegas que se suman a esta curiosa unión de viño e literatura. Algunhas solicitaron expresamente poder integrarse na proposta da adega, incluÃndo as botellas deste viño tan literario nome como parte da decoración dos seus escaparates especialmente diseñados para este dÃa.
RosalÃa de Castro repite a iniciativa que resultou un éxito rotundo o pasado ano cando se repartiron centos de botellas entre os lectores galegos. Do mesmo xeito que os cataláns agasallan os seus seres queridos cunha rosa e un libro en Sant Jordi, a adega, que toma o seu nome da gran dama da literatura galega, propón a unión do viño e libros como unha forma orixinal de celebrar esta festa cultural e fomentar asà o hábito da lectura.
As librerÃas que se sumaron a esta iniciativa son máis de 30, repartidas entre as cidades de A Coruña (Fnac, Casa del Libro, Couceiro LibrerÃas, LibrerÃa Formatos, LibrerÃa Arenas, LibrerÃa Sisargas, LibrerÃa Xiada); Padrón (LibrerÃa Sar); VilagarcÃa (LibrerÃa Nobel); Pontevedra ( La Pipa de la Plata, LibrerÃa Baroja, LibrerÃa El Pueblo, LibrerÃa Paz, Michelena); Santiago (Encontros, LibrerÃa Abrazas, LibrerÃa Follas Novas, LibrerÃa Fonseca, Universitas); Ferrol (Central Librera); Lugo (LibrerÃa Souto); Ourense ( LibrerÃa Stylo, LibrerÃa Nobel) y Vigo (Casa del Libro, Librouro, A Libroteca, Andel do Libro Galego e Portugués, LibrerÃa Gran VÃa Nobel, LibrerÃa Versus).
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.