Notas de prensa

O colectivo galego Pallasos en Rebeldía, a Palestina

Do 21 abril ao 5 de maio o colectivo galego “Pallasos en Rebeldía” levará o espírito da risa e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda embárcanse nesta viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo e igualmente importante como é o de dar apoio ao pobo palestino.

Os obxectivos desta caravana solidaria son os de impartir obradoiros de clown, risoterapia e, asimesmo, realizar diversas actuacións, ademais de capacitar a os integrantes do circo palestino en técnicas de clown e a traballadores e traballadoras sociais en técnicas de risoterapia.

Pallasos en Rebeldía achegará a risa solidaria a diversas zonas, entre elas Ramallah, Qalqiliya, zona vella de Xerusalén, Belén, Hebrón, Nablus, Jenin, Tulkarem e alguhas vilas e pobos, así como nos campos de refuxiados, en escolas, centros culturais, sociais e xuvenís, entre outras poboacións-eixo do conflito palestino-israelí.

No que respecta á composición da caracana, o colectivo galego de clown e solidariedade estará composto polos dous clowns mencionados anteriormente, ademais de por Laila Tillawi Quintela, que se encargará da tradución e Eduardo Segurado, que tomará imaxes e rexistrará o paso deste furacán riseiro por terras palestinas.

Os Pallasos en Rebeldia non van estar sós. Apoiando o traballo dos artistas galegos atoparanse, entre outros, o financiamento de Coperactiva Cultural desde Galiza e a Escola de Circo Palestino, os Comités de Traballo para a Saúde, Human Supporters e a Asociación Addameer (que significa literalmente "Conciencia" e traballa cos presidiarios e ex-presidiarios, especialmente mulleres, nenos e fillos de presidiarios) en Palestina.

Con esta caravana da risa solidaria, Iván Prado ve asi cumprido un dos seus proxectos máis ambiciosos a nivel persoal, o de poder volver levar o seu traballo a unha terra que tanto demanda xustiza e humanidade.

Iván prado en Palestina 7 anos despois

O director do Festival Internacional de Clown de Galicia, o Festiclown, Iván Prado volve a Palestina logo dunha primeira viaxe en 2002. Na altura colaborando con Pallasos sin fronteras, o actor e clown galego achegou ao pobo palestino as ferramentas da risa para as e os palestinos poderen afrontar dun xeito diferente a realidade do día a día. Como significativo da viaxe solidaria atópase o gran traballo realizado cos nenos e nenas refuxiados en campamentos.

Aquela viaxe foi filmada e realizada posteriormente nun documental por Mikio Tsunekawa, titulado “Media Luna Roja, diario de guerra de un payaso”, un filme de produción catalá-chilena-palestina e ten a risa como protagonista principal gravado principalmente en campamentos de verán organizados pola Media Lúa Vermella Palestina desde os campo de refuxiados da Al-Arub, no distrito de Hebrón, ata o outro extremo do territorio, entre outros lugares aos que levar risas e emocións.

Pallasos en Rebeldía, 2009-04-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES