A Concellería de Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense organizará dende o luns, día 13 de abril, un curso sobre A agricultura ecolóxica: técnicas de producción e traballo. O curso está dirixido a persoas en activo (PEMEs e autónomos), profesionais, traballadores por conta propia, agrarios e profesionais da Educación. Conta con 15 participantes, e desenvolverase ata o día 30 de abril, de luns a venres, de 18:50 a 21:00 horas, no Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense na rúa Padre Feijoo, 1 A.
Esta iniciativa forma parte do proxecto Ecoemprende que desenvolven o Concello, o Fondo Social Europeo e a Fundación Biodiversidade, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, que ten como principal obxectivo fomentar a cultura emprendedora no ámbito das actividades productivas respectuosas co Medio Ambiente e orientadas ó aproveitamento racional dos recursos.
O curso, de 30 horas de duración, será impartido por Ana de Martín Miguel enxeñeira técnica agrícola, e consta de 5 unidades didácticas: Diagnóstico do sector en Ourense, A agricultura ecolóxica, Técnicas de Producción e Traballo, Regos de Baixo Consumo, Colleitas, recolección e conservación do producto, e Posibilidades de futuro.
Esta actividade forma parte do proxecto Ecoemprende, que inclúe tamén a realización, ata o vindeiro ano 2010, de diferentes accións formativas e de divulgación, como cursos nas modalidades presencial, a distancia e mixta, e xornadas informativas, entre outras actividades, así como a organización dunha feira de ecoemprendedores e un aula móbil de carácter informativo. O proxecto Ecoemprende complétase cun servicio de asesoramento personalizado a ecoemprendedores e a creación unha bolsa de proxectos no sector do medio ambiente.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.