
A sinatura galega AACCENTIA MULTIMEDIA segue acumulando eloxios ao seu labor creativo con dous novos premios American Desing Awards, considerados os Oscar do deseño web. Nesta ocasión ten no seu poder o platino, o máximo galardón, pola páxina web de FactorÃas Vulcano.
AACCENTIA, que ten xa no seu poder 13 premios American Desing, sete deles conseguidos no 2008, consolÃdase asà como empresa lÃder no sector web e consegue, o que moi poucas empresas teñen ata o momento, un American Desing Platino. Dedicada ao desenvolvemento de aplicacións multimedia e á consultarÃa en novas tecnoloxÃas da información, AACCENTIA leva case dez anos dando a coñecer ás empresas galegas e españolas a través dos galardóns recibidos pola creación das súas páxinas web. “Sen dúbida estes galardóns significan un incremento exponencial das visitas ás webs premiadas, que é o obxectivo da nosa empresa”, explica Modesto Pérez, director de AACCENTIA.
O American Desing Platino ven dado pola páxina web de FactorÃas Vulcano (www.factoriasvulcano.com). Trátase do redeseño dunha páxina coa que Aaccentia xa conseguira numerosos galardóns. A empresa conseguiu tamén un American Desing Ouro pola súa páxina web de Conxuntos Residenciais (www.conjuntosresidenciales.com).
AACCENTIA, con sede en Vigo pero que conta na súa carteira con empresas de toda España, competÃa nesta edición dos American Desing con 672 empresas de todo o mundo.
AMERICAN DESING
Os American Desing Awards, creados no ano 2000 para premiar mundialmente o deseño web, é un estamento privado estadounidense que funciona como un dos máis prestixiosos avaliadores de deseño multimedia. Os seus membros, igual que os da Academia de Cine Norteamericana, están repartidos por todo o mundo, votando polos proxectos máis innovadores. Valoran a creatividade, a eficacia, o sentido práctico e a ética da páxina web.
AACCENTIA foi, no 2004, a primeira empresa galega en lograr este recoñecemento, e a terceira española, o que xa a upou no momento oportuno como pioneira na innovación web.
LA CLAVE: LA INNOVACIÓN
“Estes galardóns axúdannos a seguir innovando”, asegura Modesto Pérez, director de AACCENTIA, quen apunta sentirse “extremadamente satisfeito de que os nosos deseños galegos sexan valorados na meca do deseño web como é San Diego”.
Preguntado polo segredo do éxito da empresa, o seu director apunta que “a fórmula é intentar ir sempre un pouco máis alá”, asegurando que “nisto do deseño web hai que estar continuamente intentando mover os lÃmites e penetrarse por carreiros que aÃnda non foron explorados. É un sector entusiasmante e debo recoñecer que en Galicia hai moi boa creatividade e estamos nun sector altamente competitivo”. Non hai fórmulas, asegura, máis alá da creatividade: “gañamos premios tanto con proxectos de gran orzamento como con proxectos de baixo orzamento, conseguindo que a creatividade non se rife co investimento”. Salienta asÃ, a calidade do equipo creativo da empresa.
AACCENTIA
AACCENTIA, con sede en Vigo, fundouse no ano 2000 co obxectivo de facer aplicacións web punteiras dirixidas ao marketing de empresa, asà como asesorar ás empresas en estratexias de Internet, buscando sempre como obxectivo dinamizar a actividade do cliente.
Desde entón esta compaña conseguiu que pequenas e medianas empresas, asà como grandes multinacionais aposten polo deseño web para achegarse ao seu público.
Na actualidade traballan tamén en potenciar a parte non visible das webs cun programa de desenvolvemento propio co que poden ofrecer ás empresas información detallada de quen visita as webs de cada empresa, podendo xerar un feedback detallado dos xuros do usuario. Isto permite aumentar de forma exponencial a eficacia do investimento publicitaria.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.