
O catedrático de literatura galega e membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, clausura as xornadas “Ramón Piñeiro na Galicia do século XX” organizadas pola Fundación Carlos Casares coa colaboración da Deputación e que se desenvolveron desde o pasado luns no Pazo de San Marcos.
A reivindicación da cultura galega por parte de Piñeiro, ó que este ano se lle adica o DÃa das Letras Galegas, será analizada por Alonso Montero na súa intervención. Pero, ademais, durante tres dÃas, outros destacados representantes da culta galega abordaron diversos aspectos da extensa e polifacética traxectora de Ramón Piñeiro, como a editoral, a ensaÃstica ou a polÃtica.
Recepción a Fernández Albor
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu a outro dos conferenciantes nesta última xornadas, o ex Presidente da Xunta de Galicia, Gerardo Fernández Albor, que falará sobre a súa relación persoal con Ramón Piñeiro, que foi o que o animou a entrar en polÃtica no incio da transición democrática.
Fernández Albor, que presidiu o Goberno Galego desde o 22 de enero de 1982 ata o 23 de septembro de 1987, formou parte, xunto a Piñeiro, da Xeración Galaxia e coincidÃu con destacados personaxes da intelecutalidade galega do momento como Domingo GarcÃa Sabell, Francisco Fernández del Riego ou Xaime Isla. Firme defensor da cultura galega, Albor participou en importantes institucións como o Padroado RosalÃa de Castro, a Fundación Otero Pedrayo, o Instituto da Lingua Galega e do Museo do Pobo Galego.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.