Corenta anos de empresa proxectanse dende agora baixo unha nova marca empresarial. Con este nome de COMERCIAL DÍAZ Y VALIN, Elier Díaz Lamela lidera a traxectoria que comezou hai corenta anos, neste caso coa inauguración da nova se situada en Lugo, no Polígono Industrial do Ceao, Rúa do Comercio, 165.
A actividade principal, xa coñecida, vense a concretar na importación e distribución de maquinaria agrícola e de xardinería. A inauguración do centro comercial ten lugar o sábado, día 28 de marzo, ás 12, 30 da mañá.
En COMERCIAL DÍAZ Y VALÍN, S.L. veñense a aglutinar as exclusivas de más prestixio no sector agrícola, gandeiro e de xardinería, sendo as máis representativas, JOSKIN e MASCAR, xunto cos coñecidísimos produtos para a conservación do forraxe: plásticos de encintar SILOTITE e fío de empacar MIVA. Estas e outras marcas son as tradicionais exclusivas que, dende hai anos, Elier Día Lamela ven importando e distribuíndo.
O centro que se inaugura consta de exposición, distribución, importación e venda para toda España dunha ampla gama de máquinara agrícola, gandeira e de xardinería. COMERCIAL DÍAZ Y VALÍN é un novo paso adiante que, como asegura Elier Día Lamela, ven sendo un novo reto en tempos difícles.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.