Notas de prensa

Santiago Jaureguízar, gañador do I Premio Xornalístico Museo de Lugo

O xornalista gañou a primeira edición deste certame cunha reportaxe de investigación sobre o poeta lucense Luís Pimentel. O vicepresidente da Deputación de Lugo pediulles ás administracións que apoien a cultura, sobre todo “en tempos de crise económica”.

¡O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, entregoulle ao xornalista Santiago Jaureguizar o I Premio Xornalístico Museo de Lugo. Ao acto de entrega, celebrado no Museo Provincial, asistiron a directora desta entidade, Aurelia Balseiro, o presidente da Asociación de Prensa de Lugo, Xoán Carlos Vidal Crende, e o director territorial Caixa-Nova, Jesús Fernández Vidal.

O pasado mes de febreiro, o xurado do certame revelaba o nome gañador da primeira edición do Premio Xornalístico Museo de Lugo, Santiago Jaureguizar. O xornalista alzábase co triunfo coa súa reportaxe “Medio siglo sin el poeta discreto” publicada no xornal El Progreso co gallo do 50 aniversario da morte do poeta lucense Luís Pimentel. Na selección do texto gañador participaron a directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, o presidente da Asociación de Prensa de Lugo (APL), Xoán Carlos Vidal, o presidente da Federación Galega de Xornalistas, Manuel González, o director de Caixanova na comarca de Lugo, Xesús Fernández Vidal, e o secretario da APL, Miguel Olarte, quen coincidiron na “calidade dos traballos presentados” por todos e cada un dos participantes.

Segundo expuxo o propio Xoán Carlos Vidal durante o acto de entrega do Premio Museo de Lugo, Jaureguizar gañou o certame pola “calidade do traballo de investigación” , un texto “no que se nutre de numerosas fontes directas” e que se converte nun híbrido máis entre xornalismo e literatura. Tal e como recoñeceu o autor da reportaxe, Santiago Jaureguizar, parte do “logro” radica na súa maquetación, realizada por dúas compañeiras traballo no xornal El Progreso.

En prol da cultura lucense

O vicepresidente da Deputación foi o encargado de entregarlle o premio a Santiago Jaureguizar. O xornalista recibiu de mans de Antón Bao unha pequena maqueta, realizada a man, do Museo Provincial de Lugo. No discurso de clausura do acto, o nacionalista recalcou as “especiais circunstancias” do nacemento deste I Premio Museo de Lugo. O 75 aniversario do Museo Provincial, o 60 aniversario da Asociación da Prensa de Lugo e tamén, o centenario do xornal El Progreso, e por último, o 50 aniversario da morte do poeta lucense Luís Pimentel fixeron deste ano, o 2009, a data idónea para a súa celebración.

Nesta liña, Antón Bao resaltou a importancia deste premio ao fomentar a cultura “en tempos difíciles”. Por iso, o vicepresidente pediu “un maior esforzo e apoio por parte das administracións para continuar con este labor”. Como exemplo, o nacionalista citou o Museo Provincial de Lugo onde, se traballa día a día para “achegalo á sociedade” e convertelo no “buque insignia da cidade no eido cultural”.

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo), 2009-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES