O secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio Fernández Mato, participou na cea de benvida ofrecida pola Fundación Galicia Europa con motivo do Seminario Linguas Románicas. Tradución, multilingüÃsmo e construción europea. No decurso da súa intervención, Fernández Mato apostou “pola convivencia pacÃfica e integradora do galego e castelán como linguas oficiais de Galicia” e defendeu o potencial do galego no ámbito lusófono. No acto participaron ademais o director xeral de Tradución da Comisión Europea, Karl-Johan Lönnroth, e a secretaria xeral de polÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia, MarÃa Sol López MartÃnez.
Na súa intervención, o secretario xeral de Relacións Exteriores lamentou que “nestes últimos tempos estease a alterar o consenso lingüÃstico acadado coa Lei de Normalización de 1983 e co Plan de Normalización de 2004”. Doutra banda, Fernández Mato sinalou “a importancia do labor feito desde o actual Goberno da Xunta de Galicia para impulsar a lingua galega, nunca en detrimento do castelán”. Segundo manifestou Fernández Mato, “a Xunta de Galicia promoveu o coñecemento do galego no exterior e o seu uso nas institucións europeas como o Comité das Rexións, entre outras”. Nesta mesma liña destacou “a oportunidade que supón o coñecemento do galego nas relacións co ámbito lusófono”. “A oportunidade que temos os galegos de entendernos, usando o idioma galego, cos falantes de lingua portuguesa confire ao espazo lusófono un dos ámbitos máis interesantes para a difusión exterior da nosa lingua e literatura”, sinalou o secretario xeral.
Fernández Mato defendeu tamén que o obxectivo do Goberno galego foi “formar cidadáns abertos e capaces en dúas linguas e non que teñan que escoller a lingua na que formarse” Isto último, en opinión do secretario xeral, “resta capacidades e pode provocar fracturas sociais e discriminación”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.