Notas de prensa

O Museo de Lugo acolle a mostra Mulleres e Sindicalismo Nacionalista

Trátase dun breve percorrido por quince paneis a través das imaxes que resumen a historia da participación das mulleres no sindicalismo galego. Unhas reivindicacións que aínda continúan vixentes na sociedade galega actual.

O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, inaugurou a mostra Mulleres e Sindicalismo Nacionalista en Galiza situada no refectorio do Museo Provincial de Lugo. No transcurso do acto, o nacionalista estivo acompañado pola directora do museo, Aurelia Balseiro e a secretaria confederal da muller da CIG, María del Carmen López Santamariña.

A exposición é un breve percorrido a través das imaxes que resumen a historia da participación das mulleres no sindicalismo galego. A través dos 15 paneis que conforman a mostra, o visitante comproba que as súas reivindicacións seguen a ser, hoxe en día, as mesmas que nos comezos deste movemento: garantir o dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo, loitar contra a discriminación salarial, o acoso sexual, a precariedade laboral, a economía somerxida, mudar as condicións sociais, económicas e laborais das traballadoras do fogar, dignificar o papel das mulleres na historia, empregar unha linguaxe non sexista, garantir o dereito das mulleres a vivir sen violencia e, ao fin, garantir o dereito das mulleres a participar na sociedade en condicións de igualdade.

Coma complemento desta mostra, o xoves día 5 de marzo, ás 20.00 horas, o refectorio do Museo acollerá a conferencia Mulleres e Sindicalismo Nacionalista en Galiza” da man de María del Carmen López Santamariña. A exposición estará aberta ao público ata o próximo 12 de marzo e a súa entrada será gratuíta.


Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo), 2009-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES