Notas de prensa

Gran nivel na primeira proba da Copa Galega de Promoción Slalom-2009

A localidade pontevedresa de Tomiño acolleu a proba, na que participaron case 90 piragüistas e que deixou un gran espectáculo en categoría infantil. A proba demostra que a canteira goza de boa saúde e que as rapazas galegas veñen pegando forte nesta temporada.

A Copa Galega de Promoción Slalom-2009 celebrou a primeira proba da tempada apoiada pola masiva participación das promesas do piragüismo galego. Case 90 deportistas de toda Galicia achegáronse esta mañá a Tomiño (Pontevedra) para participar na gran proba da base piragüística da nosa comunidade. A proba ven demostrar unha vez máis que a canteira goza de boa saúde e que as rapazas galegas veñen pegando forte.

En infantís, a diferencia entre homes e mulleres é case cero. María Souto, do Club Tea de Mondariz-Balneario, venceu con solvencia a proba de K-1 Infantil Feminino por diante de Sara Vázquez, do Quixós, e Uxía González, do Val Miñor. En K-1 Infantil Masculino foi Isaac Guedes, do A.B. Salvaterra, o que gañou; tras el quedaron David Saco e Diego Vázquez, émbolos dous do Quixós. Souto demostrou que a categoría feminina pode estar ao nivel da masculina e sorprendeu a todos ao facer un tempo final só cinco segundos por debaixo do tempo de Guedes, e sete por enriba do segundo clasificado masculino.

En C-1 Infantil Masculino, Miguel Varcárcel, do Club Deportivo Miño-Os Teixugos, acadou a primeira posición por diante de David Saco, do Quixós, e Isaac Guedes, do A.B. Salvaterra, que conseguiu o seu segundo podio da xornada. Sara Vázquez Fajín fíxose coa proba do C-1 Infantil Feminino; seguírona María Souto, desta vez segunda, e Uxía González, que repetía terceiro posto.

Na estrea do C-2 Infantil Feminino, o tándem formado por Sara Vázquez Fajín e María Fernández, do Quixós, non defraudou e gañou a proba.

En C-1 Alevín Masculino, Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Os Teixugos, foi primeiro nunha regata que dominou con claridade. En C-1 Benxamín Feminino, Isabel Varcárcel, tamén dos Teixugos, adxudicouse a proba.

Jasmine Díaz, de Quixós, superou a Miriam Muíño, do Club Deportivo Municipal de Piragüismo de Dumbría, no C-1 Benxamín Feminino. En C-1 Benxamín Masculino, Alberto Cotelo, do Val Miñor, venceu con claridade.

Por clubes, o Club de Piragüismo Montaña Quixós lidera a clasificación. O Club Deportivo Miño-Os Teixugos ségueo de preto desde o segundo posto. O podio da proba pechouno o Club Deportivo Municipal de Piragüismo de Dumbría.

O calendario da Copa Galega de Promoción Slalom-2009 constará de sete probas. Ademais da cita de Tomiño agradan as probas de Ribadumia (28 de marzo), Gondomar (25 de abril), Mondariz (23 de maio), O Rosal (6 de xuño), Dumbría (8 de agosto) e Monforte de Lemos (22 de agosto).


Andrea García Acuña: Gabinete de prensa da FGP, 2009-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES