Sobre o papel destacaba a presenza de Luis Miguel González (copiloto nas últimas tempadas) e a Eloy Pérez (monitor de conducción na PTC Escuela); pero neste deporte non valen de nada as previsións, xa que os treitos agochan sempre sorpresas. No dÃa previo á carreira tódolos pilotos pasaban sen problemas as verificacións administrativas e técnicas, e todos reflexaban nervios e tensión contida xunto a unhas enormes ganas de que pasasen as horas e o reloxio marcase o momento de saÃr a correr. Carlos R. Guerreiro comezaba o dÃa marcando scratch de Copa e Clase no primeiro tramo, a só 9 décimas do actual campión de Grupo N: Pablo Rey, a bordo este dun Suzuki Swift. Neste treito metÃalle 9 segundos ó segundo clasificado da copa: Isaac Durán. Neste treito Eloy Pérez sufrÃa unha saÃda dobrando o trapecio e desllantando unha roda nun lugar no que só habÃa 2 afeccionados, coa perda de máis de 12 minutos nese treito. Na primeira pasada por Olveda (B1), Carlos R. Guerreiro repetÃa scratch, con pouco máis dun segundo de marxe con respecto a Isaac Durán. O resto de participantes estaban xa a máis de 20 e 30 segundos. Neste treito producÃase o único abandono da Copa, o de Arturo Chao, ó penalizar demasiado tempo no treito e ser collido polo vehÃculo escoba.
Foi no segundo paso por Castelo de Pambre (A2) onde Isaac Durán comezou a atacar e recortar segundos (3 neste caso) con respecto a Carlos R. Guerreiro; deixando claro que a vitoria do Trofeo Curuxarallye Ãa ser unha loita entre estes dous participantes. O treito B2 (segunda pasada por Olveda) foi neutralizada por mor do forte accidente sufrido por Alberto Meira e Ãlvaro Bañobre; polo que a situación chegou ó reagrupamento de mediodÃa do seguinte xeito: 1. Carlos Rubén Guerreiro (47º da xeral e 1º X11) 2. Isaac Durán: +7” 3. Luis Miguel Gonzálex: +2:20 4. Alberto Castro: +3:20 5. Eloy Pérez: +24:42 Arturo Chao (abandono) Despois da parada para xantar, os participantes dirixÃronse cara o treito de Palas de Rei, neutralizado tralo forte accidente de Manuel Souto‐Ãlex Cid. Debido ó retraso acumulado, o treito D1 (Monterroso) tamén foi neutralizado.
Asà que atopamos os 5 pilotos na mesma posición do mediodÃa cando encaraban a segunda pasada por Palas de Rei (C2). Neste treito un conato de incendio na instalación obrigaba a deterse a Isaac Durán, perdendo este máis de seis minutos. Nese treito Carlos Rubén non se relaxaba, e volvÃa marcar scratch do Trofeo e Clase, cun 39º scratch. No último tramo, a pasada nocturna por Monterroso, o lÃder seguiu loitando pola vitoria de clase, marcando un 33º scratch. Isaac Durán, dado o problema sufrido no treito anterior, decidiu tomar con calma este treito e intentar rematar a proba. O mesmo sucedeu con Luis Miguel González, Alberto Castro e un Eloy Pérez, loitando cos danos que o seu vehÃculo sufriu no TC A1 e que lle obrigaron a facer este último treito en segunda velocidade. Ó final da carreira, o resultado foi o seguinte: 1. Carlos Rubén Guerreiro (1º X11, 36º da xeral) 2. Luis Miguel González (6º X11, 66º da xeral) 3.
Alberto Castro RodrÃguez (11º da X12, 67º da xeral) 4. Isaac Durán Varela (7º X11, 68º da xeral) 5. Eloy Pérez Diéguez (14º da X12, 74º da xeral) ‐ Arturo Chao (abandono) Falan os protagonistas: Carlos Rubén Guerreiro, gañador: estou moi contento polo resultado. Non esperaba gañar o Trofeo e a clase no meu debut, xa que saÃmos á carreira coa idea de acabar.
Anque o resultado final non o reflexe, tivemos unha loita moi intensa con Isaac
Durán, que finalmente sufriu problemas. Ademais, a metade dun treito sufrimos
problemas na caixa de cambios perdendo a 5ª velocidade. Quixera adicarlle esta
vitoria no Trofeo Curuxarallye a Alberto Otero e a Desguaces Lual. Proxima carreira prevista: Rallye do Cocido Luis Miguel González, 2º: o certo é que desfrutei moito, anque o coche non Ãa moi ben. Sobre todo despois de perder o escape. AÃ, ademais de perder potencia, costábame moito oÃr á copiloto. Nese momento decidÃn loitar por rematar. Proxima carreira prevista: Rallye do Cocido Alberto Castro, 3º: saÃmos á carreira coa única intención de rematar. Tomamos as cousas con calma para ir aprendendo e démonos conta de erros que cometemos na toma de notas. Agora sabemos que temos que anotar máis referencias para os treitos nocturnos. Proxima carreira prevista: Rallye do Cocido Isaac Durán, 4º: Desfrutei moito, estamos moi contentos, anque no treito C2
estragóusenos a loita que tiñamos con Carlos R. Guerreiro. Sufrimos un conato de
incendio na instalación eléctrica da rampa de faros polo que tivemos que parar no
treito. Despois démos rematado a carreira cos faros de serie e chegamos á meta, que
era o principal. Proxima carreira prevista: Rallye do Cocido Eloy RodrÃguez, 5º: Sempre oÃn que era moi difÃcil rematar un rallye, pero ata hoxe non o puiden comprobar. Sufrimos un golpe no primeiro treito cronometrado e doblamos un trapecio. No lugar do golpe só habÃa 2 persoas, polo que tardamos moito tempo en poñernos de novo en marcha. A partir de aà comezamos a sufrir moito dentro do coche, porque os problemas mecánicos Ãanse sucedendo. Tan é asÃ, que a roda dianteira dereita blocaba sempre en frenadas fortes, e no último treito bloqueouse a dirección. Pero tiñamos claro que habÃa que rematar, por iso fixemos este treito en segunda velocidade. Proxima carreira prevista: Rallye do Cocido Arturo Chao, abandono: no segundo treito rompeunos un amortecedor, e non demos reparado antes da chegada do coche escoba, polo que tivemos que entregar o carné de ruta e abandonar. Proxima carreira prevista: Rallye do Cocido.