
O público infantil é o destinatario da obra que a ConcellerÃa de Cultura de Tui presenta o venres 27 de marzo no Teatro Municipal. Trátase de “Os soños na Gaiola” a cargo da CompañÃa do Trinke Trinke. A función comezará ás 20h e está indicada a partir dos 4 anos. David Pernas é o director da obra, e ao tempo actor xunto a Vanessa Rivas. Xuntos dan vida a un avó e a súa neta.
Esta obra é unha homenaxe ao poeta Manuel MarÃa e nela danse a coñecer parte dos poemas do seu libro Os soños na gaiola. Na función Trinke Trinke presenta aos nenos os poemas do escritor ao través da música e o xogo. A acción transcorre nun piso dunha cidade, onde sentado nun sofá dorme un velliño que ata hai pouco vivÃa na súa aldea. A súa familia levouno a cidade para que non estivese só. Un dÃa recibe a visita da súa neta, xa moza, e xuntos lembran os tempos pasados na aldea. Dan vida a esta peza teatra Vanessa Rivas e David Pernas, quen exerce tamén de director.
A CompañÃa do Trinke Trinke creouse en 1995 empregando o teatro como unha ferramenta ao servizo da educación. As obras A Princesa e a Pardela (1999), Roque e os Pitiflautas (1997) e O Gatipedro (1998) naceron en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia para promocionar a música clásica entre os nenos.
Trinke Trinke leva a cabo ou colabora en programas de animación á lectura mediante o teatro nas Bibliotecas de A Coruña, Cambre e Oleiros, entre outras moitas. Os seus personaxes "os ratos da biblioteca" son coñecidos por toda Galicia. As entradas teñen un prezo de 3€ , 2€ con desconto e para os menores de 12 anos, e están xa á venda en www.culturatui.info, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes do Teatro Municipal.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.