
Luis Leiro Álvarez, nadador do Real Club Náutico de Vigo actualmente concedido unha bolsa na Residencia Blume de Madrid, foi proposto pola Real Federación Española de Natación (RFEN) para integrar o Equipo Nacional Absoluto (ENA) no ano 2009, así mesmo, a federación convocáballe como compoñente do ENA para participar do 9 de febreiro ao 10 de marzo, nunha concentración en Altura (Sierra Nevada, Granada).
A este importante logro Luis Leiro suma uns magníficos resultados conseguidos coa selección Galega Absoluta no recente XXV Campionato de España por Comunidades Autónomas, celebrado en Madrid do 6 ao 8 de febreiro. Durante o mesmo participou como compoñente de substitucións coa selección Galega nas probas de 4x50 e 4x100 metros estilos, logrando batir dous novos records Galegos Absolutos. Ademais, nas probas individuais logrou un meritorio segundo posto na proba de 200 metros braza cun tempo de 02.13.96, un cuarto posto en 100 metros braza con 01.02.98 e un oitavo en 50 metros braza con 00.30.05.
Unha carreira máis que prometedora a deste mozo nadador, que non deixou de sumar triunfos á súa consolidada carreira deportiva.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.