Notas de prensa

Clausura do Belén Electrónico de Begonte e entrega de premios dos certames culturais

Clausurouse o XXXVII Belén de Begonte nun acto organizado pola Asociación Cultural José Domínguez Guizán que entregou os premios dos certames culturais convocados. O alcalde destaca a importancia do Belén para Begonte e a vontade de pontencialo.

Foi clausurada a XXXVII edición do Belén electrónico de Begonte e foron entregados os premios dos certames convocados con este motivo polo Centro cultural begontino. No acto, que foi presidido polo Alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez García comezou cunhas palabras do presidente do Centro cultural, Jesús Domínguez Guizán para dar paso á entrega dos premios dos certames, que foron recollidos polos autores dos traballos. Foron premiados:

XXXIII CERTAME DE XORNALISMO

Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, a XESÚS MATO MATO polo seu traballo titulado O BELÉN DE BEGONTE: GALEGO/CHAIREGO…E UNIVERSAL, publicado en www.galiciadigital.com.
Segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, ó artigo PALMIRA DE OUROL, de RAMÓN EIJO BALSEIRO, publicado en El Progreso (A Chaira) e La Voz de Galicia.
Mención de Honra dotada con estatuíña de Sargadelos a JOSÉ REINALDO POL GARCÃA (PEPE POL), polos traballos publicados en “Amencer”, “O Sil” e “A Palloza” de Badalona.

XIX CERTAME GALEGO DE ARTE

Premio JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÃN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos a MANUEL ÃNGEL CARREIRA VARELA, de Regueira-Pastoriza, pola súa obra “Coa música a outra parte”.
Cadansúa MENCIÓN DE HONRA pola calidade dos seus traballos a: ALFREDO SEIXAS, de Lugo, pola súa obra “Paisaxe urbán II” e LUCÃA GONZÃLEZ GÓMEZ de Begonte, pola súa obra “O taberneiro”.

XXXIII CERTAME DE POESÃA SOBRE O NADAL

Premio Begonte de Poesía, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ó poema “CHEGOU NA LUZ DA XEOMETRÃA TENRA DA NOITE”, do que é autor XOSÉ OTERO CANTO, veciño de Lugo.
Segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, concedeuse ó poema “CON LOS OJOS EN EL NIÑO DE BELÉN”, presentado baixo o lema “Niño mio” por LÃZARO DOMÃNGUEZ GALLEGO, de Ferrol.
XXXIII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL.

Categoría A (Ata 10 anos)

Primeiros premios (60€ e trofeo):
CLARA MANIN LÓPEZ. 6 anos. Colexio Foz nº 1
NURIA MEIJIDE MÉNDEZ. 9 anos. Colexio Foz nº 1
PABLO VIVERO FERNANDEZ. 7 anos. Foz nº 1
Segundos premios(30€ e trofeo):
PAULA BARREIRO RODRÃGUEZ. 7 anos. Colexio S. José
MARIA JESÚS TRASTOY CAMBA. 7 anos. Colexio Monseivane
HUGO CASTIÑEIRA GRAÑA. 8 anos. Colexio de Begonte
AROA IGLESIAS DIAZ. 7 anos. Colexio S. Miguel de Reinante
PAULA MARTINEZ CID. 6 anos. Colexio S. Miguel de Reinante

Categoría B (11 a 15 anos)

Primeiros premios (60€ e trofeo):
LUCÃA DÃAZ MÉNDEZ. 11 anos. Colexio de Begonte
ALBA RECALDE LÓPEZ. 12 años. Colexio de Vilanova de Lourenzá
JAVIER RAMOS FREIRE. Colexio de San Miguel de Reinanete
Segundos premios (30€ e trofeo):
ROCÃO PARAPAR COELLO. 13 anos. Instituto Vilar Ponte-Viveiro
ROCÃO SUÃREZ DIÉGUEZ. 11 anos. Colexio de Begonte
SOFÃA IGLESIAS REDONDO. 11 anos. Colexio de Begonte
MARTA REIGOSA FERNÃNDEZ. 11 anos. Col. de Vilanova de L.
NAZARET BARROSO CABALEIRO. 13 anos. Col. Vilanova de L.

NotaOs premios foron entregados por José Antonio Vázquez García (alcalde), Marcial José González Vigo, Manuel Gulín Rodríguez, José Rodríguez Varela, Sinesio Pérez (da Fundación Caixa Galicia), Manuel Castro Gay e Jesús Domínguez Guizán.

Con este motivo, actuou a Polifónica Vilalbesa dirixida por Uxío García Amor, que ofreceu un recital de panxoliñas en galego e castelán e recibiu unha pomba de paz de Sargadelos como agasallo e lembranza desta xornada.

Pechou os actos desta tempada do Nadal na que o Belén foi visitado por máis de 40.000 persoas, o Alcalde que destacou o papel do Belén na consecución de que Begonte sexa a capital do Nadal en Galicia. “Estou orgulloso e satisfeito –sinalou - do labor deste Centro, e da implicación do Concello nestas actividades, prometendo que esta implicación vai ser cada vez maior, e moi axiña comezaremos a traballar de cara á próxima tempada do Nadal de xeito que poidamos amplificar e potenciar o labor que aquí se fai e conseguir que o Belén de Begonte, faro do Nadal na Terra Chá, incida de xeito aínda máis directo en todo Galicia.” Lembrou que este ano, no pregón do Nadal, estiveron presentes dez alcaldes da Terra Chá, invitados pola Alcaldía, nun primeiro achegamento para conseguir que o Belén sexa un dos vencellos de unión entre os concellos da Chaira, de xeito que non só sexa este Centro cultural o anfitrión que acolle ós milleiros de visitantes que aquí chegan senón que todo o territorio de Begonte, todo o concello, sexa o anfitrión colectivo, sentindo o que aquí se sinte, apoiando o que aquí se fai e se celebra, recollendo e amplificando esta obra senlleira.

Agradeceu a presencia do numeroso público asisntente e a colaboración da Coral Polifónica de Vilalba, anunciando a inmediato comezo dos traballos entre o Centro e o Concello para que a próxima tempada do Nadal sexa aínda mellor que a que agora rematou. Felicitou ós gañadores dos certames convocados por este centro cultural nos que o Concello colabora, e agradeceu o traballo dos xurados e de todas as persoas que fan posible o Belén e as súas actividades cunha espécial mención a José Rodríguez Varela –Joselín- artífice do Belén desde “aquel lonxano 1972 en que aqui comezou este milagro técnico e social, desexando que o seu labor continúe por ben do Belén e de todos nós”.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias

X.X., 2009-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES