
Flocos.TV, “o cineclube do audiovisual galego” (unha plataforma da Axencia Audiovisual Galega) adÃcalle un ciclo ao director pontevedrés Mario Iglesias, cunha selección dos seus filmes, e aproveita a alta calidade de este portal para facer a presentación de Cartas italianas que foi rodada en tan so quince dÃas no verán do 2007 na Illa da Palma en Canarias. Para a súa produción non contou con ningunha axuda oficial agás a do propio Festivalito da Palma. Noustante o filme foi seleccionado xa en numerosos festivais nacionais e internacionais.
Protagonizado por Eloisa Dorsi, Atilano Franco e Jacobo Rey, o filme narra o encontro entre dous mundos opostos, dende unha perspectiva poética e intimista. Por unha banda, o mundo de Eloisa, fotógrafa italiana que, dende ben nova, viaxa polo mundo, e que pola súa profesión, recala en A Palma. E o mundo de Atilano, un camelo galego que vai parar a illa coa intención de abrir mercado para a cocaÃna coa que trafica. No transcurso do filme, vanse entrelazándose historias da vida cotiá de múltiples personaxes. O filme foi rodado en italiano, castelán e galego.
Acompaña o ciclo a curta “Expertos”, (pertencente á longametraxe “De bares”), asà como teasers e trailers doutras longametraxes de Mario Iglesias como “Catalina”, Relatos” ou “O almorzo do poeta”.
O director pontevedrés amosa unha incesante pulsión creativa por narrar historias en imaxes con ou sen subvención e cun estilo moi persoal e brillante que o singulariza dentro do contexto do audiovisual galego. A súa curtametraxe “Nais” foi unha das curtas máis premiadas do ano 2006, entre eles o premio á mellor curtametraxe española no programa de TVE “Versión española”. Coma el mesmo afirma: “Algúns dos meus filmes os fixen case simultaneamente, por iso acumúlanseme antes de estrearse sequera, pero é que un nunca sabe canto vai vivir.” Actualmente está a desenvolver a súa sexta longametraxe “ O home que tiña soños chineses” para a que conta con axuda da ConsellarÃa de Cultura e Deporte.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.