Notas de prensa

O Goberno galego apoia ás empresas da construción naval axilizando o seu financiamento

O conselleiro de Economía garantiu que se apoiará ás empresas do sector para que acaden financiamento para os seus proxectos.

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, garantiu o apoio da Xunta de Galicia ao sector da construción naval a través das liñas de financiamento que impulsa o Igape. Así o explicou tras manter unha xuntanza con membros do Clúster do Sector Naval de Galicia (Aclunaga), na que analizaron a situación do sector e acordaron abrir vías de información entre as empresas, a Administración e as entidades financeiras. Á reunión asistiu o presidente de Aclunaga, José Domínguez, o director xeral do Igape, Alvaro Álvarez-Blázquez, e membros da asociación naval.

O sector da construción naval, segundo explicou o conselleiro, é un sector estratéxico para a economía galega e moi competitivo en España e Europa. De feito, engadiu Fernández Antonio, o sector vive hoxe unha situación privilexiada no contorno internacional xa que “conta cunha carteira de pedidos que asegura a actividade para os próximos tres anos e medio; ten plena ocupación e boas perspectivas de futuro”. Pese a este escenario, o conselleiro explicou que no marco xeral de restricións crediticias, empresas viables e solventes poden atoparse con problemas de acceso ao crédito para cubrir as súas necesidades de funcionamento. Neste sentido, afirmou, “o obxecto e compromiso da reunión é que todas as empresas que necesiten financiamento van ter financiamento”.

Na reunión analizáronse as diferentes liñas que están en marcha a través do Igape entre as que figuran as de financiamento ao circulante, as de refinanciamento de pasivos, e as axudas á capitalización das empresas para fortalecer a súa estrutura de financiamento. Isto, explicou o conselleiro, tanto para empresas de maior tamaño como moi especialmente para as pequenas e medianas empresas “que son un elemento fundamental para o sustento e competitividade do sector naval galego”, afirmou. O conselleiro lembrou que o incremento nos avais para empresas nos orzamentos deste ano ascende ata os 500 millóns de euros e destacou que se trata de facilitar o acceso ao financiamento das empresas a base de crédito preferentes e, sobre todo, de axudar á garantía que teñen que aportar as empresas ás entidades financeiras a través das diferentes liñas de créditos e préstamos que intermedia o Igape.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2009-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES