
Celebrouse no salón de actos da Deputación de Lugo unha conferencia máis do ciclo A Galiza das Irmandades: unha perspectiva actual. Estas charlas están organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e contan con apoio da área de Cultura da Deputación. Margarita Ledo que, a parte da súa faceta de directora cinematográfica, é escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, fixo unha análise pormenorizada da historia, do presente e do futuro da prensa en Galiza. Ledo disertou na súa charla sobre o papel que debe de xogar a prensa como parte do paÃs galego e da interación entre prensa e nacionalismo. Margarita Ledo ten publicado numerosos traballos de investigación sobre o sector audiovisual, nos que entre outros eixos destacan as culturas minorizadas e o formato documental. Dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego (ODA), preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM).
O 90ª aniversario da Asamblea Nacionalista é o eixo condutor destas xornadas que levan por tÃtulo, A Galiza das Irmandades: unha perspectiva actual. A través das distintas conferencias programadas para esta convención poñerase de manifesto a vixencia do ideario nacionalista asinado no ano 1918. Con este acto, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), preténdese dar a coñecer unha etapa histórica de Galicia e a existencia dun fito crucial que supuxo o nacemento do nacionalismo moderno e da historia do noso paÃs.
O manifesto nacionalista asinado en Lugo no ano 1918 é de grande importancia, porque supón un punto de inflexión determinante na historia do galeguismo polÃtico. Publicado no seu dÃa como Manifesto ao Pobo Galego e distribuÃdo en forma de folla solta, recolle os acordos da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. O mencionado pacto foi asinado hai 90 anos, no Hotel Méndez Núñez da cidade de Lugo, e representa a dÃa de hoxe o cerne e o xermolo do Nacionalismo Galego.
Un exposición e unha ruta pola cidade
Unha vez superado o ecuador destas xornadas, cómpre lembrar que as tres últimas conferencias desta convención se celebrarán dÃas 15, 16 e 30 de xaneiro. Deste xeito, Xosé DÃaz, Antón Bao e Pilar GarcÃa Negro, presentarán no Salón de Actos da Deputación de Lugo a súa particular visión da evolución e do papel xogado polo nacionalismo en distintos eidos, a través dos seus relatorios titulados “Réxime Económico”, “A Lingua, o ensino e a cultura” e “Os dereitos civÃs”, respectivamente.
A maiores, dende o dÃa 30 de xaneiro poderase visitar no Pazo de San Marcos, unha exposición monográfica na que se recollen varios textos e imaxes da I Asamblea Nacionalista. Ao dÃa seguinte, o escritor Lois Diéguez, a iso das 13,00 horas, converterase no guÃa dunha ruta a pé pola cidade que servirá para coñecer mellor e de primeira man a historia e as xentes das comarcas e da urbe lucense.
Unha ollada ao pasado
Ata o de agora foron obxecto de estudo e debate os sete apartados do manifesto asinado en Lugo no ano 1918 e a relación existente coa realidade actual galega, da man do ex deputado nacionalista Francisco RodrÃguez. Pola súa banda, a organización territorial foi a protagonista por excelencia da mesa redonda organizada na segunda quincena do pasado mes de novembro e, na que participaron Maximino Fernández, Pablo López Vidal e Pablo González Mariñas, representantes do PPdG, do PSdG e do BNG respectivamente.
Uns dÃas despois, a comezos do mes de decembro, Xoán C. Garrido falou, no transcurso da súa exposición, dos movementos sociais que se produciron na primeira década do século XX, do rexurdir destas actividades e da toma de conciencia adquirida polas clases populares e polo campesiñado, unha vez asumida a situación polÃtica e social que lles tocou vivir.
Tamén nos primeiros dÃas de decembro, Encarna Otero falou importancia de conservar e potenciar todos aqueles elementos arquitectónicos e territoriais que definen e identifican a estética xeográfica de Galicia centraron a antepenúltima das conferencias pronunciadas ata o de agora.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.