Notas de prensa

Fernando Villapol exhibe en Lugo Conversas co Reabsu

A exposición permanece aberta ata o 18 de xaneiro de 2009. O realismo, a abstracción e o surrealismo definen en boa medida a produción artística deste creador asturiano.

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, inaugurou na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos a mostra Conversas co Reabsu do artista asturiano Fernando Villapol. O realismo, a abstracción e o surrealismo definen case a totalidade da súa produción artística. Ademais, xogando cos nomes destes tres movementos artísticos, o autor constrúe o acrónimo Reabsu, título desta exposición e dalgunhas das súas obras máis coñecidas.

Nesta ocasión, o creador asturiano afincado en Bretoña (Lugo) achega un total de 26 esculturas das que 3 están elaboradas en granito e metal, 10 tan só en granito, 11 en mármore, 1 en castiñeiro policromado e 1 en pedra segoviana. Case a totalidade destas esculturas son o resultado das investigacións realizadas polo artista nas súas viaxes por Europa, América ou Ãfrica. Como é lóxico, o ámbito sociocultural que o rodea define tamén en boa medida a súa produción artística.

A exposición Conversas co Reabsu permanecerá na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo ata o vindeiro día 18 de xaneiro de 2009. Os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro a sala permanece pechada.

A traxectoria artística de Fernando Villapol defínese polo didactismo sendo un autor que se creou a si mesmo; estivo vencellado desde un inicio ás terras de Bretoña dándolles unha visión cosmopolita e poñendo no mapa do Estado español e do mundo un país coma o galego por medio da súa obra.

Fernando Villapol (San Tirso de Abres, Asturias, 1953), escultor autodidacta e vangardista, é o fundador-propietario do Museo Pedagóxico e Etnográfico Villapol de Bretoña (Lugo). Actualmente compaxina o seu labor artístico co de colaborador habitual en varios medios de comunicación e, ocasionalmente, coa de crítico de arte.

Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo), 2008-12-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES