Notas de prensa

Concello e Asociación Medulio entregan os Premios de Literatura e Ensaio Carvalho Calero

Entréganse os Premios de Literatura e Ensaio Carvalho Calero correspondentes ao ano 2007 que, na categoría de Literatura, recae no escritor ferrolán Henrique Dacosta pola súa obra Unha mada de relatos. No apartado de ensaio, o xurado acordou declarar o premio deserto.

O Concello de Ferrol e a Asociación Cultural Medulio fan entrega o venres, día 19 de decembro, dos Premios de Literatura e Ensaio “Carvalho Calero” correspondentes ao ano 2007 que, na categoría de Literatura, recaía no escritor ferrolán Henrique Dacosta pola súa obra “Unha mada de relatos”. No apartado de ensaio, o xurado acordou declarar o premio deserto. A gala, que está presidida polo alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e ten lugar na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester. Así o avanzaban en rolda de prensa a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e Elia Rico, portavoz de Medulio. Asemade, o acto servirá para presentar en sociedade as obras gañadoras do ano 2006: “Un nacionalismo cívico e social”, do escritor Xosé Manuel Maceiras na categoría de Ensaio, e “Fío de contas”, de Paula San Vicente, na categoría de Literatura. Contarase ademais coa actuación musical da cantautora local Maite da Costa, que intercalará as súas aparicións sobre o escenario coas intervencións de cada un dos conferenciantes invitados a participar neste evento, un dos máis importantes no ámbito cultural na cidade de Ferrol.

Nesta liña, Elia Rico destacaba o galardón como o único que conserva unha liberdade lingüística que sobrepasa as fronteiras do país. Pola súa banda, Mercedes Carbajales avanzaba que durante a primeira quincena de xaneiro, Concello e Asociación Cultural Medulio darán a coñecer as novas bases do premio. Unhas bases que se modificarán co obxectivo de darlle o pulo e a publicidade que se merece. Avanzou, asemade, que se fará unha paréntese no 2008 co fin de axustar as convocatorias deste prestixioso galardón literario e proceder á súa renovación.

Retomando a gala, a edil de Cultura detallou que será Maite da Costa a encargada de abrir o acto, que será presentado pola secretaria do xurado Iolanda Gomis. A figura do ilustre autor e investigador ferrolán Ricardo Carvalho Calero será abordada na primeira parte da gala da man do profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato, quen disertará sobre a súa figura e a liberdade normativa. Así mesmo, o gañador do ano 2005 na categoría de Investigación Lingüística, Miguel Louzao, introducirá ao ensaista Xosé Maceira que intervirá para explicar os contidos do seu traballo. A edil de Cultura, Mercedes Carbajales, pechará o acto facendo entrega a Henrique Dacosta do seu galardón.

Nesta liña, Mercedes Carbajales destacaba a figura e relevancia de Carvalho Calero e, nesa liña, lembraba que o Concello iniciaba este ano unha campaña para recabar apoios na Comunidade galega para que se recoñeza a importante achega do intelectual galeguista á cultura do país adicándolle o Día das Letras Galegas no 2010. E, ao fío, lembraba que será precisamente neste ano cando se cumpra o centenario do nacemento de Carvalho Calero, sen dúbida unha extraordinaria oportunidade, subliñou a edil, para recoñecer o legado do lingüista e escritor ferrolán.

Concello de Ferrol, 2008-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES