
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, avogou porque o carácter “estritamente profesional” do CIMAG 2009 constitúa un referente para moitas das feiras celebradas en Silleda. Segundo Méndez Romeu o “camiño” a seguir está caracterizado por feiras organizadas “a través dunha estrutura profesional representativa do sector”, coñecedora dos seus clientes e que necesita ter unha plataforma de contacto con estes en función das súas innovacións comerciais e tecnolóxicas.
O conselleiro de Presidencia fixo estas declaracións na presentación do IV Certame Internacional de Maquinaria de Forraxe, que se celebrará en Silleda entre o 22 e o 25 de xaneiro de 2009, e na que tamén participou o presidente de Ansemat (Asociación Española de Maquinaria Agropecuaria, Forestal e de Espazos Verdes), Julio Fernández Marmolejo. Nesta presentación, Méndez Romeu, aproveitou para anunciar a campaña de medios que se iniciará o vindeiro 10 de xaneiro, cun importe de 100.000 euros, para que todos os interesados neste eido saiban “onde poden tomar contacto cos seus provedores e coñecer as ultimas tendencias en materia de maquinaria agrÃcola”.
Pola súa banda, o presidente de Ansemat, Julio Fernández Marmolejo, comentou que o CIMAG 2009 é “a segunda feira agrÃcola máis importante de España” xa que está dirixida ao mercado en Galicia, no noroeste de España e no norte de Portugal. Neste sentido, comentou que a feira ten cada ano “máis éxito que o anterior” -desde o seu inicio en 2002-, ampliando a súa superficie e o número de expositores e visitantes. De feito, segundo Moralejo, este ano o mercado de tractores de Galicia foi “a máis importante nos últimos 4 ou 5 últimos anos”, superando os 2.000 tractores.
CIMAG 2009
A falta de máis dun mes para a súa celebración, o IV Certame Internacional da Maquinaria de Forraxe, CIMAG 2009, que se celebrará na Feira Internacional de Galicia do 22 ao 25 de xaneiro, conta xa coa reserva de espazo de 55 expositores directos e 164 firmas expositoras de 22 paÃses, que ocuparán unha superficie de 11.874 m_ repartidos nos dous pavillóns principais do recinto.
Coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e o propio sector a través de Ansemat (Asociación Española de Maquinaria Agropecuaria, Forestal e de Espazos Verdes), o certame afronta a súa cuarta edición co obxectivo de promover a modernización do parque de maquinaria da PenÃnsula Ibérica a través da implantación de innovacións tecnolóxicas máis seguras e menos contaminantes que ao mesmo tempo repercutan na eficacia e rendibilidade das explotacións.
Por este motivo Cimag concibiuse como un monográfico altamente especializado, no que estarán presentes as firmas máis importantes do mercado da maquinaria agrÃcola a nivel internacional, tales como John Deere, Same Deutz, Fahr, Massey Ferguson, Fendt, Valtra, New Holland, Krone, Landini, Alöis Pottinger, Welger, Ferrari, Pasquali, Claas, Kubota ou Lamborghini. Todas elas amosarán unha ampla gama de produtos, entre os que se incluirán os seus últimos lanzamentos ao mercado, de xeito que tódolos visitantes poidan satisfacer as súas expectativas.
Seguridade no manexo da maquinaria
Durante o certame levaranse a cabo diversas actividades paralelas de grande interese para o sector entre as que destacan as xornadas técnicas como a centrada en “A Seguridade no manexo da maquinaria agrÃcola”, impartida por Ignacio RuÃz, secretario xeral de Ansemat. Asà mesmo, analizarase “O tractor en Galicia no século XXI”, nunha conferencia dirixida por LuÃs Márquez, profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos da Universidade Politécnica de Madrid.
Por outra banda, desgranaranse as “Axudas para o fomento da maquinaria agrÃcola” por parte de Mariano Pérez Minguijón, subdirector adxunto de Medios de Producción AgrÃcola do Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino; e Mercedes EspasandÃn, do servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal da ConsellerÃa do Medio Rural.
Concurso de Máquinas Destacadas
No marco de Cimag 2009 tamén terá lugar a cuarta edición do Concurso de Máquinas Destacadas, dirixido a premiar a maquinaria de nova fabricación que destaca polos seus avances no deseño, prestacións e calidade de traballo, asà como pola súa especial idoneidade para a produción de forraxe e, de xeito extensivo, para a agricultura que se practica no noroeste de España e norte de Portugal. O cualificado xurado deste evento, que recibirá propostas ata o 15 de xaneiro, estará presidido por LuÃs Márquez, téndose acordado tamén que integren o mesmo Gabriel Rielo, xefe de sección de Maquinaria da Escola de Capacitación Agraria de GuÃsamo; e os profesores universitarios italiano e portugués Ettore Gasparetto e Fernando Santos, respectivamente.
Con todo elo o monográfico confÃa en revalidar o seu posicionamento como a feira máis importante en España e Portugal sobre maquinaria agrÃcola do sector forraxeiro, na que fabricantes, importadores, distribuidores e profesionais teñen unha cita ineludible.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de EnerxÃas Renovables e Cambio Climático, Paula UrÃa. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalÃa positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, asà como persoas adestradoras ou técnicas, xuÃzas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuÃzas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.