Notas de prensa

O Nobel de Física 1999, Gerardus 't Hooft, aborda o debate da fronteira entre ciencia e ciencia ficción

Convidado pola USC, a través do Programa ConCiencia, o Premio Nobel de Física 1999 considera importante explicar que pode significar a ciencia para a humanidade e desmitificar certos descubrimentos “que son máis soños e non tanto realidade”.

O Premio Nobel de Física en 1999, Gerardus 't Hooft, visita Galicia convidado polo Programa ConCiencia, que organiza a USC en colaboración co Consorcio da cidade e a Fundación Caixa Galicia . Reuniuse no Centro de Estudos Avanzados con investigadores da Universidade de Santiago para tratar cuestións relacionadas coa mecánica cuántica e posteriormente, en San Xerome, deiou a súa impronta no Libro de Sinaturas de Honra

O martes 16 ofrece unha conferencia aberta ao público en xeral
e transmitida por vidoeconferencia para o Campus de Lugo, ás 20:00
horas no Centro Sociocultural de Caixa Galicia en Santiago, baixo o
título ‘O futuro da ciencia’, na que falará da relación entre ciencia
e ciencia ficción.

Para Hooft, que estivera na USC meses antes de ser premiado co Nobel,
é importante explicar que pode significar a ciencia para a humanidade
e desmitificar certos descubrimentos “que son máis soños e non tanto
realidade”. A este respecto, falará das viaxes espaciais, “na
actualidade máis preto da ciencia ficción que da ciencia propiamente
dita”. O científico holandés mostrouse convencido de que aínda que
quizais a humanidade si poida explorar os planetas do sistema solar
“non será tan doado entrar noutras galaxias”. Será en centos ou miles
de anos, advertiu, “cando sexamos capaces de fabricar robots que o
fagan”.

Para Hooft as posibilidades da ciencia desde as achegas da física de
partículas son incontables, dende a enxeñaría xenética ata a
electrónica. Para iso considera fundamental os traballos do novo
acelerador de partículas do CERN e o descubrimento do boson de Higgs
–“aparecerá seguro”, afirmou-, co que se pechará o círculo da materia
e se abrirán novos campos científicos “que permitirán coñecer mellor o
mundo no que vivimos”.

Un dos físicos teóricos más brillantes

Gerardus 't Hooft (Países Baixos, 1946), considerado un dos físicos
teóricos más brillantes das últimas décadas, recibiu o Nobel por
esclarecer a estrutura cuántica das interaccións electrodébiles en
física, unha das catro interaccións fundamentais da natureza,
responsable de gran cantidade de procesos radiactivos que, por
exemplo, manteñen en funcionamento os ciclos do Sol. A última peza
clave da teoría electrodébil, o chamado, podería ser descuberto no
gran colisionador de hadróns do CERN.

Mais os traballos de ‘t Hooft permitiron tamén tratar problemas
relacionados coa interacción forte como o confinamento dos quarks,
partículas que constitúen os protóns e neutróns e que, por tanto, son
algúns dos ladrillos básicos dos que está formada toda a materia.

't Hooft investigou case todos os grandes enigmas formulados no eido
das partículas elementais, contribuíndo a resolver moitos deles, e
segue a traballar activamente en posibles respostas para as cuestións
que aínda esperan solución. Entre outras cuestións, ten no seu haber
importantes achegas na teoría das variables ocultas. O asteroide ‘9491
Thooft’ é chamado así na súa honra.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES