
O sábado, 13 de decembro, inaugurouse o Belén de Begonte na súa XXXVII edición.
Os actos comezaron ás seis da tarde, na igrexa parroquial co Pregón do Nadal que foi pronunciado polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco que estivo acompañado polo Bispo de Mondoñedo.
Cantaron a misa e deron un breve recital de panxoliñas o coro titular da Catedral de Lugo, o Orfeón Lucense, dirixido por Armando Cotarelo.
De seguido, foi inaugurado o Belén Electrónico.

Ós actos asistiron o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero Calvo; o presidente de honra do Belén, o segoviano José LuÃs Hernangómez Sastre, e dez alcaldes da comarca: Guitiriz, Rábade, Outeiro de Rei, Xermade, Muras, Cospeito, Pastoriza, Vilalba, AbadÃn e Begonte (que invitou persoalmente ós rexedores chairegos a esta celebración).
FotografÃas: Carlos RodrÃguez Arias
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.