Notas de prensa

Presentada a publicación sobre A realidade da práctica deportiva en Galicia

O estudo fomentado pola Dirección Xeral para o Deporte amosa que no noso país unha de cada dúas persoas, de dez ou máis anos, realiza algunha actividade físico-deportiva.

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou o libro “A realidade da práctica deportiva en Galicia”, estudo que presenta os resultados da enquisa de poboación que no ano 2007 se realizou desde a Dirección Xeral para o Deporte co obxectivo fundamental de coñecer a evolución dos hábitos físico-deportivos en Galicia.

O estudo demostra que en Galicia unha de cada dúas persoas, de dez ou máis anos de idade, realiza algunha actividade físico-deportiva, incluíndo nesa porcentaxe un 23,3% da poboación que declara que a súa actividade consiste en camiñar.

Neste senso, se descontamos os/as que camiñan, habería no noso país un 34,3% de persoas que realizan algún tipo de deporte ou actividade física, o que nos permite subir algo máis dun punto porcentual desde o ano 2005, cando a taxa de práctica físico-deportiva en Galicia se situaba no 33%.

“Esta publicación permítenos avaliar, diagnosticar e cuantificar son só a realidade obxectiva senón tamén a subxectiva. Ademais, este estudo é a base para planificar actuacións que se desenvolvan dende a Direccion Xeral cara a mellorar a realidade da actvidade físico-deportiva en Galiza”, sinalou Marta Souto.

Así, como apuntou a directora xeral, este estudo únese a outros que se están desenvolvendo, ou que xa están realizados, por encargo da Dirección Xeral para o Deporte, como poden ser o “estudo sobre os deportes tradicionais en Galicia”, “a realidade físico-deportiva das mulleres en Galicia”, “análise sobre os hábitos saudábeis e a condición física nas e nos escolares de secundaria de Galicia” ou “a situación da lingua galega no deporte”.

Un instrumento para mellorar o coñecemento da realidade deportiva galega

A investigación realizouse desde unha perspectiva “ampla” na que, segundo explicou o seu autor Constantino Arce, “non só tiveron cabida os deportes máis tradicionais senón tamén moitas outras actividades físicas que se están a converter en habituais nos últimos tempos como camiñar, correr, ximnasia de mantenemento ou sendeirismo, entre outras”.

Asemade, Arce recordou que os resultados desta investigación pretenden ser “un “instrumento para todos aqueles axentes implicados na estrutura deportiva en orde a mellorar o coñecemento da realidade deportiva galega e tamén para ter unha liña base que permita valorar, co paso dos anos, a evolución experimentada no deporte e na actividade física”.

Finalmente, a directora xeral para o Deporte desvelou que Ourense é a provincia que amosa unha “maior taxa” de práctica físico-deportiva e que “canto maior é o tamaño do concello maior é a taxa de práctica físico-deportiva”.

Ademais, o estudo revela que Pontevedra é a provincia coa taxa máis pequena de persoas que camiñan, situándose oito puntos por debaixo da media galega en práctica deportiva e de actividade física, pero ocupa a primeira posición en número de licenzas federativas, con máis de once puntos por riba da media galega.

O ámbito de estudo (universo) foi a totalidade da poboación galega de 10 ou máis anos de idade, que segundo o censo de 2001, ascende a 2.430.006 habitantes. A mostra estivo formada por 2.160 suxeitos e foi elixida de xeito aleatorio por toda a xeografía galega e as enquisas realizáronse a domicilio no período de tempo comprendido entre o 9 de abril e o 25 de maio de 2007.

Por xénero elixiuse a mostra de tal xeito que a metade fosen homes (1.080) e a outra metade mulleres (1.080), mentres que por provincias asignáronse 540 suxeitos a cada provincia.


Gabinete de Comunicación da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, 2008-12-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES