Notas de prensa

Leite Río asina os primeiros contratos homologados cos gandeiros galegos

Esta iniciativa foi notificada ao resto do sector na xuntanza do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, anunciando que os primeiros contratos xa asinados van ser depositados oficialmente na Comisión de Seguimento.

O Grupo Leite Rio iniciou a sinatura de contratos homologados con gandeiros. Esta iniciativa foi notificada ao resto do sector na xuntanza do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, anunciando que os primeiros contratos xa asinados van ser depositados oficialmente nos próximos dias na Comisión de Seguimento dos contratos homologados.

Os contratos teñen unha duración de 6 meses (os últimos 6 meses da actual campaña láctea, de outubro de 2008 a marzo de 2009), e acabado ese prazo prevese a renovación por outros 6 meses por mutuo acordo das partes.

Estes contratos garanten a recollida durante os 6 meses cun prezo estable durante ese período. Os contratos asinados cumpren ademais as restantes condicións fixadas no modelo do contrato homologado en Galícia, como a aplicación do modelo de recibo, a estructura de primas e descontos previstas neste modelo e os mecanismos para garantir o cumprimento das condicións contractuais.

Con esta decisión estratéxica, o Grupo Galego Leite Río inicia unha nova etapa nas relacións comerciais cos gandeiros. Esta empresa manifesta a súa disposición para asinar contratos homologados co conxunto dos gandeiros aos que compra leite en Galicia, nunhas condicións similares ás dos contratos que xa están asinados, ós cales consideran imprescindibles para o futuro do sector lácteo galego.

Con esta comunicación pública, o Grupo Leite Río quere saír ao paso de informacións non contrastadas que onte foron feitas públicas por un sindicato agrario.
Xerente da Asociación de Industrias Lácteas de Galicia

Grupo Leite Río, 2008-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES