Notas de prensa

O Recinto de Feiras acolleu o I Lugo Racing

A primeira festa do automobilismo lembrou aos xóvenes a recomendación da prudencia ao volante empregando o lema Rápido pero con sentidiño. O evento rematou cunha exhibición arredor da Muralla.

O Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo acolleu o sábado 29 de novembro a 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing. Na xornada matinal, despois de que os pilotos estacionase os seus vehículos no parque pechado, o responsable da Área de Deportes da deputación, o nacionalista Antonio Veiga, inaugurou esta festa do deporte do motor e abriu o coloquio que, moderado polo xornalista deportivo Miguel Cumbraos, se desenvolveu baixo o título "Auxe do Automobilismo en Lugo, pasado, presente e futuro", neste coloquio participaron importantes figuras do automobilismo como Luis Moya, Beny Fernández, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, José Alonso, Luis Vilariño, Iván Corral, Carlos Iñiguez, o Comandante José Iglesias e Avelino Basanta. Antonio Veiga loubou o traballo dos pilotos que “converteron a Lugo e Galiza nunha potencia no mundo do motor no que ademais de ter un gran número de deportistas contamos importantes campións”.

Xa pola tarde o Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, foi o encargado de descubrir, acompañado polo subdelegado do goberno, o coche que pilotarán os seleccionados no proxecto Volante Xovén. Na súa intervención o vicepresidente da Deputación recomendoulles aos mozos e mozas alí presentes que “ao volante debedes de manter unha actitude similar á que temos no goberno da Deputación, imos rápido pero con sentidiño”. A continuación iniciáronse, no circuíto deseñado no interior do recinto do pazo de feiras e exposicións, as exhibicións a cargo dos pilotos participantes nesta 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing organizada pola Área de Deportes da Deputación e coa colaboración da Escudería Miño.

NotaEsta 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing estivo aberta a todas as escuderías da provincia de Lugo e a todos os seus pilotos, nas diferentes especialidades de Karts, Slalom, Montaña e Rallyes. O número total de vehículos participantes superará os 80 entre coches e karts. As exhibicións efectuaronse no circuíto montado, especialmente para esta ocasión, nos dous pavillóns de dita Feira, nos dous pavillóns da Feira, haberá instaladas gradas para os afeccionados que desexen ver o espectáculo, cun aforo limitado a 2.000 persoas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SABADO, DIA 29:
10,00 horas, Parque pechado de exposición pra todos os coches participantes.
11,00 horas, Inauguración da Festa do Automovilismo e visita ao Parque Pechado.
11,30 horas, Coloquio co título "Auxe do Automobilismo en Lugo, pasado, presente e futuro".
Participan: Luis Moya, Beny Fernández, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, José Alonso, Luis Vilariño, Iván Corral, Carlos Iñiguez, o Comandante José Iglesias e Avelino Basanta.
17,00 horas, Presentación aos participantes e M.C.S. do Proxecto "Volante Xoven".
18,00 horas, Exhibición dos pilotos Pedro Burgo, Sergio Vallejo, José Alonso e Luis Vilariño.
NotaDemostración técnicas de conducción por parte de Isaac Fernández, da escola PTC.
Presentación dos pilotos lucenses participantes na festa.
Demostración de Karts lucenses.

DOMINGO 30:

12,30 horas, Volta a Muralla de Lugo que remata na Praza de Santa María coa exposición de todos os coches participantes.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.

Vítor Otero (Xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo), 2008-11-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES