
O operador galego DEMOCOM, o Concello da Coruña e a Universidade alemá de Saarbrücken unÃronse para desenvolver a versión 3.0 de DEMOCOM, o que permitirá ao operador lanzar a nivel mundial a solución que actualmente comercializa únicamente en Galicia.
O operador DEMOCOM, propietario dunha rede de radiocomunicacións dixitais que opera desde fai uns meses en Galicia, pretende extenderse a nivel mundial para o que se aliou coa universidade alemá de Saarbrücken co obxectivo de aunar coñecemento teórico e práctico da universidade e da empresa, respectivamente, para potenciar a efectividade da aplicación de tecnoloxÃas como DMR ou WiMAX e ser quen de desenvolver potentes solucións que permitan ó operador galego despregar a súa rede en calquera paÃs do mundo que asà o demande.
O operador DEMOCOM leva algo máis dun ano traballando coa novedosa tecnoloxÃa DMR, e a Universidade de Saarbücken é unha das máis avanzadas en investigacións con tecnoloxÃa WiMAX da Unión Europea.
A orixe deste acordo nace en febreiro de 2007 cando un equipo de enxeñeiros de ITC Grupo, holding ao que pertence DEMOCOM, visitaron a HTW para coñecer de primeira man os desenvolvementos tecnolóxicos sobre TETRA e WiMAX nos que alumnos e profesores estaban traballando. En xuño dese mesmo ano a Universidade de Saarbrücken devolveu a visita enviando a un grupo de 25 alumnos e 4 profesores a coñecer as instalacións de ITC Grupo asà como os proxectos do operador galego co gallo de alcanzar un acordo de colaboración. Nesa visita, o Alcalde da Coruña recibiu á comitiva alemá no Pazo Municipal e interesouse polos acordos que ambas entidades estaban estudando pechar.
Finalmente, DEMOCOM e a Universidade de Saarbrücken asinaron unha alianza para tratar de unir sinerxias e garantir a transferencia de coñecementos tecnolóxicos, á que o Concello da Coruña comunicou o seu apoio por entender como altamente positivas para a cidade este tipo de iniciativas. AsÃ, estase traballando para que o Concello colabore con DEMOCOM para poder realizar as probas definitivas de radiocomunicacións dixitais de voz, posicionamento, telemetrÃa e control remoto. Unha vez superados todos os controis de calidade,
DEMOCOM entregarÃa os seus equipos aos corpos de seguridade e emerxencias (policÃa local, protección civil, bombeirosÂ…) do Concello da Coruña para que operasen con eles coma proba definitiva antes de comezar a comercialización internacional, converténdose asà a cidade herculina no espello mundial e primeiro usuario da nova versión.
José Antonio Ferreira, presidente de ITC, comentou na rolda de prensa celebrada hoxe para presentar este tema, o importante que é para o empresariado galego que desde ás institucións se valore e se aposte polo traballo que se fai nas empresas galegas en materia tecnolóxica.
Pola súa parte, Henrique Tello, o primeiro tenente de alcalde do Concello da Coruña, manifestou a seu apoio ó empresariado da Coruña, - compre apoiar unha investigación aplicada de alta calidade realizada por una empresa coruñesa que ademáis colabora permanentemente coas Universidades, e que representa un paso máis no camiño de perfilar un novo espazo económico e tecnolóxico – declarou. Neste sentido, anunciou que no próximo ano a Ãrea de Promocón Económica potenciará as actuacións neste ámbito mediante novos incentivos para potenciar a investigación e a creación de proxectos empresariais.
Ademáis do proxecto para o desenvolvemento da versión 3.0, ITC Grupo e a Universidade de Saarbrucken teñen outros proxectos en común. AsÃ, desde o pasado mes de outubro, Haiko Wick, titulado en Bachelor of Science in Computer Science and Communication Systems e Frank Hamm, titulado en Graduate Engineer in Electrical Engineering, ambos pola Universidade de Saarbrücken, e actuais estudantes do Master of Science in Computer Science and Communication Systems están desenvolvendo en DEMOCOM dous proxectos tecnolóxicos que lles permitirán obter a súa titulación definitiva.
AsÃ, traballan no desenvolvemento dunha aplicación para a obtención automática de mapas de cobertura e o desenvolvemento dunha aplicación para permitir o telecontrol do caudal e o vertido dos rÃos, o control da transmisión de datos e as estacións meteorolóxicas e, en definitiva, o control de calquera estación vinculada con medio ambiente e/ou emerxencias e que sexa susceptible de enviar un dato desde unha estación remota a un centro de control.
Ambas aplicacións, que serán pioneiras xa que están sendo desenvolvidas sobre tecnoloxÃa DMR, axudarán á empresa a mellorar os procesos internos, aportarán calidade á metodoloxÃa de traballo e poderanse paquetizar para a súa posterior venda a outras empresas con actividades similares.
Tanto a HTW como DEMOCOM están plenamente convencidos de que con esta alianza, coa que se potenciará o know how de cada unha delas, lograrase intercambiar coñecementos e experiencias que darán lugar a resultados que permitirán aplicar as investigacións tecnolóxicas universitarias a proxectos empresariais reais para o beneficio das empresas, e por extensión, da sociedade en xeral.
OUTROS ACORDOS ESTRATÉXICOS
A alianza coa Universidade de Saarbrücken non é a primeira para ITC Grupo, que xa asinou en abril de 2007 un acordo que terá vixencia ata 2011 coa Universidade de Vigo para acoller a alumnos da Titulación de Telecomunicacións baixo unha bolsa para realizar o seu proxecto fin de carreira.
Do mesmo xeito, desde 2004, ITC Grupo renova anualmente o convenio que mantén coa FUAC (Fundación da Universidade de A Coruña) polo cal estudantes e recén titulados veñen realizando prácticas como bolseiros nas diferentes empresas do Grupo. Desde que se iniciou o convenio, máis de 30 alumnos da universidade de A Coruña realizaron as súas prácticas profesionais en ITC Grupo, e polo menos un 75% deles sumáronse, superado o periodo de prácticas, á plantilla de traballadores da firma coruñesa.
Asà mesmo, a Directora de RRHH de ITC Grupo iniciou contactos coa Universidade de Oviedo para asinar un convenio de colaboración.
DEMOCOM
DEMOCOM é o primero operador de radiocomunicacións dixitais de Galicia.
O seu servizo EMERXENCIAS está orientado a ofrecer comunicacións para colectivos como policÃa local, protección civil, bombeiros, brigadas anti incendios, etc. Precisamente por iso, DEMOCOM é un operador indicado especialmente para os Concellos e organismos públicos, que con este sistema poderán ver garantidas as comunicacións de todos os seus equipos profesionais xa que proporciona comunicacións absolutamente fiables e confidenciais, mellora enormemente a calidade de audición da voz con respecto á tecnoloxÃa analóxica, permite ver nun mapa en tempo real posicionados todos os equipos o que fai posible saber en todo momento en que punto exacto se atopan as persoas que portan un equipo (policÃa, protección civil, mantementoÂ…), entre outras moitas vantaxes.
O operador DEMOCOM, desplegado polas empresas galegas DEMOTECNIA e ITC GRUPO para dar cobertura a toda Galicia, é unha auténtica novidade tecnolóxica xa que está baseado en tecnoloxÃa DMR, un estándar ETSI lanzado recentemente ó mercado.
Actualmente a empresa atópase inmersa nun Road Show que a llevará a presentar o operador en 50 Concellos de Galicia. Ata o dÃa de hoxe ten visitado Rianxo, Santa Comba, Chantada, Carballo, Ames, Brión, Vilalba, Muros, Cambados, Ribadeo, Burela, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, LalÃn, O Grove, Sanxenxo e Cangas, e nos próximos dÃas visitará Betanzos, Mos, A Estrada e A Laracha.
UNIVERSIDADE DE SAARBRÜCKEN – HTW
HTW é a abreviacioón de 'Hochschule für Technik und Wirtschaft des Saarlandes', a Universidade de Ciencias Aplicadas con sede en Saarbrücken, a capital do Sarre, Alemania.
En 2007 celebrou o bicentenario da súa 'Escola Técnica Superior', como se lle chamou no 1807.
Durante estos séculos, a HTW xunto coa industria, ofreceu carreiras académicas e profesionais cun perfil de enxeñerÃa que goza dunha moi alta reputación na rexión, en Alemania en xeral e en toda Europa. A receita do éxito da formación da HTW é que aplican a teorÃa á práctica e que proporciona a cada alumno un semestre de formación nunha empresa nacional ou internacional.
Tanto os estudantes coma os profesores traballan nunha rede de cooperación coa industria en beneficio mutuo
A HTW actualmente ofrece 26 carreiras académicas a nivel de “Bachelor” e de “Master” e estudan nela más de 4000 alumnos.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.