Noticias

O novo festival Ou Yeah! encherá a oferta turística da provincia de Ourense de xullo a outubro

Ou Yeah! é unha nova iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo. A súa esencia é a transformación: do local ao global, do tradicional ao contemporáneo, do escenario ao prato, do concerto ao encontro. Deste xeito, o festival, que ten como columna vertebral o rock, entendido nun sentido amplo, plural e actual, conxuga música, gastronomía, identidade e impacto territorial. Ou Yeah! espallarase pola provincia de Ourense entre os meses de xullo e outubro de 2025. O primeiro concerto terá lugar na capital da provincia, na explanada de Expouerense, o sábado 12 de xullo, da man de bandas de referencia internacionais, nacionais e galegas como The Waterboys, Morgan, Escuchando Elefantes e Tesouro.

O Mosteiro de Oseira acolleu está mañá a presentación dun novo festival na provincia de Ourense, o Ou Yeah!, no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia. No acto participou o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. O director de Turismo de Galicia apuntou tamén que, “con este novo evento na provincia de Ourense, os Concertos do Xacobeo potencian os recursos turísticos locais e supoñen un importante impacto positivo, xerando emprego, gasto, lecer e coñecemento en espazos estratéxicos de toda a provincia”.

Xosé Merelles salientou que “o apoio da Xunta de Galicia ao novo festival Ou Yeah! responde á filosofía da Xunta de apoiar ás mellores e máis singulares citas coa música en directo de Galicia, que se erixen como un gran motor económico, turístico e cultural para a nosa comunidade de xeito desestacionalizado ao longo de todo o ano”.

Merelles destacou ademais a filosofía dos Concertos do Xacobeo, como “un programa amplo e global co que a Xunta de Galicia consolida o seu apoio á música en vivo, e continúa a liña de traballo estratéxico de pasadas edicións do evento, que sumaron desde 2021-2022 máis de 2,5 millóns de espectadores”.

Iniciativa arraigada no territorio

Ou Yeah! é unha nova iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo. A súa esencia é a transformación: do local ao global, do tradicional ao contemporáneo, do escenario ao prato, do concerto ao encontro. Deste xeito, o festival, que ten como columna vertebral o rock, entendido nun sentido amplo, plural e actual, conxuga música, gastronomía, identidade e impacto territorial.

Ou Yeah! espallarase pola provincia de Ourense entre os meses de xullo e outubro de 2025. O primeiro concerto terá lugar na capital da provincia, na explanada de Expouerense, o sábado 12 de xullo, da man de bandas de referencia internacionais, nacionais e galegas como The Waterboys, Morgan, Escuchando Elefantes e Tesouro.

O 23 de agosto chegaralle a súa quenda a todo un referente da escena galega, Sés, que actuará no Claustro do Mosteiro de San Salvador, en Celanova. Xa en setembro, a Alameda do Toural, en Xinzo da Limia, será testemuña dos directos de La Guardia e Habitación Vudú.

Finalmente, o sábado 11 de outbro, Ou Yeah! ofrecerá a súa derradeira xornada por todo o alto no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, cun dos grandes referentes internacionais do rock progresivo das últimas décadas, Jethro Tull.

No acto de presentación, Xosé Merelles salientou que “o apoio da Xunta de Galicia ao novo festival Ou Yeah!, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, responde á filosofía da Xunta de apoiar ás mellores e máis singulares citas coa música en directo de Galicia, que se erixen como un gran motor económico, turístico e cultural para a nosa comunidade de xeito desestacionalizado ao longo de todo o ano”.

Concertos do Xacobeo

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que da cobertura a todas as grandes citas e espectáculos musicais en 2025, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Caudal Fest, o Río Verbena, o Festival de la Luz e máis de sesenta festivais, ciclos e concertos imprescindibles nunha vintena de localidades de toda Galicia.

Máis de 500 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo que terán lugar en máis de 20 localidade da Comunidade.

R., 2025-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foto de la tercera plana (galicia-ilusiona-2026.jpg) Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Notas

A Casa de Rosalía en Padrón acolleu a presentación pública de 'TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade en torno ao Patrimonio Literario Rural', un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE) e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), na modalidade Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (ACTS).
A actriz e narradora oral Atenea García, o poeta e narrador Celso Sanmartín e as e os finalistas do certame 'Bótalle un conto' protagonizarán 'Contos de inverno', o ciclo de contacontos para adultos que promove a Vicerreitoría do campus. Dirixido a pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego, así como subliñar o seu papel na preservación de tradicións, mitos ou lendas, este ciclo desenvolverase os días 19 e 25 de novembro, e 3 de decembro, na Casa das Campás.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES