Notas de prensa

A vida do outro, Premio de Narrativa Torrente Ballester

O escritor Carlos González Reigosa gaña o XX Premio de Narrativa Torrente Ballester, da Deputación da Coruña, coa obra A vida do outro. O premio está dotado con 25.000 euros e a publicación do texto.

O escritor e xornalista Carlos González Reigosa, coa súa obra en
galego A vida do outro, foi o gañador da vixésima edición do premio de narrativa Gonzalo Torrente Ballester, convocado pola Deputación da Coruña, e dotado con 25.000 euros, ademais da publicación do texto nunha editorial de prestixio.

O fallo do premio fíxose público esta mañá na sede da Deputación da Coruña, cuxo presidente destacou a longa traxectoria do mesmo “marcada pola calidade das obras premiadas e pola importante participación que rexistra, ano tras ano, este certame”. à presente convocatoria do Torrente Ballester presentáronse un total de 404 orixinais, cen máis que na anterior edición, dos que 28 son en galego e os restantes 376 en castelán, procedentes dun total de 18 países.

Fernández Moreda definiu a Carlos González Reigosa como “un ilustre galego, magnífico xornalista e escritor, en galego e castelán”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de A Coruña, 2008-11-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES