
As últimas innovacións do sector dos electrodomésticos como softwares de deseño de cociñas ou solucións para mellorar a imaxe e distribución das tendas, entre outras, se presentarán na VII edición da Feira ElectroActiva, que se celebrará no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela o sábado 8 de novembro, inaugurada pola directora xeral de Comercio, Ana Rúa, segundo anunciou Andrés Pérez, director da feira, na rolda de prensa celebrada esta mañá no Club Internacional de Prensa en Santiago.
ElectroActiva, que está organizada polo Grupo Comercial Galego, GRUCOGA, responsable das cadeas Activa Galicia e Decoractiva en Galicia, está dirixida aos profesionais do sector dos electrodomésticos, informática e telefonía móbil e contará coa participación de preto de cuarenta expositores, entre os que se atopan os principais fabricantes do mundo. Ademáis a organización agarda superar o grao de participación co respecto aos anos anterioriores, estando invitados 2.000 establecementos do sector de electrodomésticos e mobles de cociña.
Esta feira sectorial, a única que se celebra en Galicia, presenta grandes novidades nesta nova edición. Ofrecerase a conferencia Decisión para o éxito, impartida polo ciclista profesional Óscar Pereiro, campión do Tour de Francia 2006, para compartir os valores e obxectivos e estratexias do deporte comúns aos da empresa e os negocios. Amais, Electroactiva ofrecerá un show cooking en directo da man do recoñecido cociñeiro Rafael del Castaño, profesor do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
Observador da Distribución- tendencias nacionais do consumo
Os asistentes poderán presenciar demostracións dos produtos, contactar cos representantes das marcas e con outros establecementos do sector. Ademais, no marco desta feira, vai presentarse un estudo anual de referencia para o sector, titulado O observador da distribución, que revela as tendencias nacionais de consumo, cara onde vai o mercado e os intereses dos consumidores.
GRUCOGA, agarda que esta nova edición de Electroactiva, consolidada xa como un certame profesional de referencia en Galicia, siga contribuíndo a sensibilizar á opinión pública sobre a influenza dos electrodomésticos nun consumo enerxético responsable e a importancia que neste contexto ten a elección adecuada de modelos máis eficientes.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.