
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, subliñou que nin está en revisión o proceso de retribucións dos empregados públicos a ningún nivel nin está previsto establecer ningún tipo de incentivos económicos a curto prazo distintos dos xa existentes. O titular de Presidencia fixo hoxe estas declaracións en Silleda tras asistir a unha xuntanza do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia.
Méndez Romeu explicou que no sistema actual de retribucións dos empregados públicos xa existen conceptos ligados ao posto de traballo, á categoría profesional e mesmo vinculados á produtividade, inda que o xeito de entender a produtividade no sector público é bastante diferente que no privado, afirmou.
O conselleiro lembrou que a lexislación actual neste eido está baseada nunha norma novidosa o Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)- aprobada polo Goberno central no ano 2006 e que inda non foi desenvolta nin no marco estatal nin en ningunha Comunidade Autónoma xa que isto se realizará de xeito lento, complexo e consensuado tanto cos poderes territoriais como cos representantes dos traballadores públicos.
Calidade administrativa
O conselleiro declarou que a Xunta está a impulsar por primeira vez en Galicia dun xeito sistemático unha cultura da calidade nas organizacións administrativas que contempla varios medios de medición desa calidade como as cartas de servizo, o análise de obxectivos ou a reinxeñería de procesos. Ademais, esta tamén contempla algúns mecanismos de promoción da calidade, partindo de que debe ser un proceso voluntario no que participen as unidades que o desexen, segundo Méndez Romeu.
O titular de Presidencia manifestou que entre eses mecanismos está a posibilidade de establecer premios á calidade, que xa existen no Estado e en moitas organizacións, e case sempre son mencións honoríficas dado que no sector público non existe a cultura de vencellar este tipo de prácticas a retribucións permanentes.
Méndez Romeu explicou que, dende o Goberno galego, o que se pretende é impulsar un proceso de calidade no que participen as unidades organizativas ou as persoas co fin de producir bos resultados. Isto obrigará a deseñar, no seu momento, un sistema de incentivos que non terá que ser necesariamente de carácter económico, asegurou.
Fotografía: arquivo GD
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.