Notas de prensa

Presentado o curso de posgrao de Comercialización Internacional de Contidos

O alumnado das dúas edicións anteriores (arredor de 20 persoas) xa está integrado no mercado laboral, dedicándose á promoción e venda de produtos audiovisuais en distintas produtoras e televisións. Enmárcase no Plan de Internacionalización do sector.

O Consorcio Audiovisual de Galicia e o Máster en Producción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña presentaron na cidade herculina o Curso de Posgrao de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais (CICA), acto no que participou o director xerente do Consorcio, Nacho Varela, o reitor da Universidade da Coruña, Xosé María Barja, o director do CICA, José Francisco Sánchez e o responsable de Industrias Culturais do ICEX, Juan Miguel Márquez. O proxecto, que este ano celebra a súa terceira edición, desenvolverase na cidade da Coruña durante o curso 2008-2009.

O curso presentado nun acto no que participou o coñecido actor Miguel Ãngel Muñoz, supón unha iniciativa pioneira no estado. O CICA conta con docentes expertos en contornos internacionais, responsables das empresas con maior proxección, tanto de televisión como de cine. O alumnado poderá asistir a un mercado internacional de cine ou televisión para completar a súa formación a través dunhas prácticas a realizar no marco do MIPCOM, do MIPTV ou do MIF (Marché Internacional du Film) para aplicar os coñecementos aprendidos ao longo do curso.

O alumnado das dúas edicións anteriores (arredor de 20 persoas) xa está integrado no mercado laboral, dedicándose á promoción e venda de produtos audiovisuais en distintas produtoras e televisións, tanto galegas como do resto do estado. Neste sentido, varios dos alumnos que participaron no curso crearon a primeira empresa galega especializada na venda internacional de proxectos audiovisuais, o que da mostra da necesidade de cubrir esta fenda informativa e empresarial dá internacionalización do sector.

Unha internacionalización que os promotores do curso entenden dun xeito novo: levar a cabo proxectos que desde o local teñan unha impronta internacional pero ademais, sendo imprescindible ter a capacidade de vendelos nos mercados internacionais, obxectivo último do CICA.

Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego

Con esta acción, o Consorcio Audiovisual de Galicia segue a traballar no plan de actividades para o ano 2008 que recolle diferentes iniciativas con respecto ao Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego. Así mesmo, este plan recolle o impulso á formación de profesionais capacitados para operar en marcados internacionais ante a necesidade de contar en Galicia con profesionais formados na promoción audiovisual, con capacidade para operar nun entorno produtivo e de xestión altamente internacionalizada.

Este programa formativo responde a esta demanda do sector audiovisual, que precisa internacionalizar as nosas producións de calidade. Por este motivo o Consorcio Audiovisual de Galicia analizou esta necesidade e decidiu crear unha canteira de axentes de vendas internacionais que deran saída ás producións galegas no estranxeiro, ao tempo que se especializaba nunha rama nova aos técnicos de Comercio Exterior, aos produtores e outros traballadores do audiovisual mediante a incorporación de novas competencias como a negociación, a explotación transnacional ou a coprodución ás súas actividades.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES