Notas de prensa

Forges, convidado especial do V Encontro Galego de Ilustración

Antonio Fraguas, Forges, acude a Santiago de Compostela o sábado, 25 de outubro, convidado pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). Abordará diferentes temas relacionados coa súa labor como humorista.

Antonio Fraguas, Forges, acude a Santiago de Compostela o próximo sábado, 25 de outubro, convidado pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) con motivo do V Encontro Galego de Ilustración. Forges, historia viva do humor gráfico español, será a estrela invitada a esta actividade que cumple o seu quinto ano consecutivo e que se levará a cabo a partires das 10 da mañá na Fundación Caixa Galicia, sita na Rúa do Villar, 19. Segundo Manel Cráneo, director da actividade, “as previsións nos din que o salón de actos da Fundación estará cheo, e non só polos cerca de cen ilustradores galegos que se acercarán ao Encontro, senón pola importancia mediática dos nosos invitados”.

Forges abordará diferentes temas relacionados coa súa labor como humorista de prensa e ilustrador na charla titulada “Dibujo...Luego existo”; na que, partindo da súa experiencia de moitos anos como profesional do sector, e sempre coa nota de humor e inxénio que o caracterizan, explicará a composición do seu particular mundo e do seu estilo único de debuxo coa personalidade propia que o levou ao gran éxito mediático.

Do mesmo xeito, a directora de publicacións da Editorial Everest Galicia, Irene Penas, ofrecerá, baixo o título “A rebotica dos libros”, a súa ampla experiencia no sector editorial cun repaso aos procesos e outras cuestións relacionadas coa producción do libro infantil e xuvenil.

Comunicación AGPI, 2008-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES