Notas de prensa

Arcadio Silvosa, da SER, entre os Premios Galicia de Xornalismo Deportivo

Fallados os IV Premios Galicia de Xornalismo Deportivo:

PREMIO “ENRIQUE MARIÑAS”

PACO GARCIA CARIDAD (Director de RADIO MARCA)
O xurado tivo en conta a súa destacada contribución ao xornalismo deportivo
nacional e internacional.

PRENSA ESCRITA

120 ANOS DE CICLISMO GALEGO, de Xerardo González Martín

O xurado tivo en conta a súa iniciativa e esforzo nun traballo xornalístico de gran contribución informativa para o deporte galego.

FOTOGRAFIA

FOTOGRAFIA “MICHAEL PHELPS”. PEKIN 2008
EMILIO LAVANDEIRA VILLAR. AGENCIA EFE
O xurado tivo en conta a súa representatividade como icono do xornalismo deportivo gráfico galego no mellor acontecemento deportivo a nivel mundial.

AUDIOVISUAL

PROGRAMA DA TELEVISION DE GALICIA
“COUTO VIVO”
O xurado tivo en conta o excelente traballo pedagóxico, técnico e de realización nun programa con clara vocación informativa sobre o mundo da pesca e da caza en Galicia.

RADIO
PROGRAMA “GALICIA EN LOS JUEGOS OLIMPICOS”
EMILIO NAVAZA GONZÁLEZ. RADIO OBRADOIRO
O xurado tivo en conta a súa capacidade para trasladar aos seus ointes a grandeza da participación dos deportistas galegos nos xogos olímpicos.

INTERNET

PÁXINA WEB FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO
O xurado tivo en conta a calidade na producción é deseño. Utilizando os parámetros máis actuais para achegar a información requerida en cada momento.


DISCAPACIDADE

ALBERTO BECERRA PALLAS.
ANTONIO LOPEZ GARCIA.
O xurado tivo en conta a superación e capacidade profesional para o desenvolvemento da profesión xornalística deportiva.

IGUALDADE

PATRICIA RODRIGUEZ JUSTE
O xurado tivo en conta a súa traxectoria, profesionalidade e capacidade para situarse á vangarda da profesión xornalística deportiva en Galicia.


PREMIOS Á TRAXECTORIA PROFESIONAL

MARCELO OTERO FERNANDEZ Pontevedra
JOSE ANTONIO MARTINEZ ARIAS A Coruña
ARCADIO SILVOSA Lugo
EMILIO GARCIA NOVOA-RIOBOO Ourense
O xurado tivo en conta a destacada traxectoria no xornalismo deportivo galego de todos eles.

Federación Galega de Prensa Deportiva, 2008-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES