
O padexeiro galego e campión olímpico Carlos Pérez, Perucho, recibiu as bicicletas coas que el e o seu compañeiro Saúl Craviotto realizarán o Camiño de Santiago, para cumprir a súa promesa de facelo no caso de acadar unha medalla nos Xogos Olímpicos de Beijing. Tivo lugar o acto de entrega das bicicletas e dos maillots cos cales realizarán o Camiño de Santiago entre os días 12 e 16 de outubro, aínda que ao mesmo non puido asistir Saúl Craviotto por culpa de problemas co voo que o tiña que trasladar ata Santiago de Compostela. No acto tamén estivo o ciclista do Xacobeo Galicia, David García, xa que é o equipo ciclista o que cederá as bicicletas aos campións olímpicos para realizar o percorrido. E máis, varios ciclistas do Xacobeo Galicia acompañarán a Perucho e Craviotto en algunha das etapas do camiño. Ao respecto, David García asegurou que é un orgullo poder estar acompañando ao campión olímpico e o que lle recomendo é que gocen todo o posíbel. Espero que lle dea a mesma sorte que a min o ano pasado, xa que o fixen dende Ponferrada e se cumpriron dous dos desexos que pedín, gañar unha etapa da Volta a España e gañar unha volta por etapas.
Pola súa parte, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, destacou que para a Dirección Xeral para o Deporte e para o Xacobeo é un orgullo estar acompañando hoxe ao campión olímpico, ao seu adestrador Miguel García, e a David García neste acto. Ademais sobre a promesa que fixeron os padexeiros, Souto indicou que é unha forma de difundir o Deporte Galego e o Camiño de Santiago, porque son uns embaixadores de luxo. A directora xeral comprometeuse a esperalos nesa última etapa e acompañalos un treito en bicicleta.
Perucho, que agradeceu a colaboración da Dirección Xeral para o Deporte e do Xacobeo, explicou que despois duns días de estar nunha nube, xa comeza a estar un pouco máis centrado, aínda que non paras dun lado para outro, pero iso é bo porque axudar a dar a coñecer un pouco máis o piragüismo e tamén a Galicia. Esperemos que serva para cada vez máis nenos e nenas fagan deporte.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.