Notas de prensa

A Xunta e o Grupo Lonza analizan o plan estratéxico da compañía en Galicia

O Grupo biofarmacéutico conta cunha factoría no Porriño na que inviste 75 millóns de euros para potenciar a produción de novos medicamentos anticanceríxenos para multinacionais farmacéuticas e na que inviste máis de 75 millóns de euros.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o presidente executivo do Grupo Lonza, Stefan Borgas, analizaron o novo plan estratéxico de produción e de futuro da empresa biofarmacéutica en Galicia. Stefan Borgas trasladoulle ao máximo mandatario galego o compromiso e a súa aposta pola potenciación da factoría que o grupo posúe no Porriño, así como os obxectivos e investimentos que se van realizar nesas instalacións.

Stefan Borgas presentoulle ao presidente do Goberno galego o plan estratéxico da planta do Porriño, na que o grupo está investindo máis de 75 millóns de euros para adaptala para a produción de novos medicamentos anticanceríxenos para distintas multinacionais do sector farmacéutico.

O Grupo Lonza ostenta a propiedade dunha planta na localidade pontevedresa do Porriño, que foi adquirida á empresa norteamericana Genentech a finais de 2006, tras unha operación de compra por valor de 117 millóns de euros.

A estratexia de Lonza respecto ao funcionamiento desta factoría galega, tal e como lle explicou Stefan Borgas ao presidente, centrouse na potenciación da súa capacidade de produción en cultivos celulares de mamíferos e bioprodutos para o desenvolvemento de novas medicinas e de produtos sanitarios.

O centro de produción biofarmacéutico do Porriño foi homologado pola Axencia de Alimentos e Medicinas (Foods and Drug Administration, FDA) de Estados Unidos, autorizándoa a producir un principio activo para un medicamento contra o cancro. A planta conta, nos seus máis de 9.000 m2 de extensión, cunha plantilla total de aproximadamente 300 empregados.

Grupo Lonza

O Grupo Lonza é un dos principais proveedores mundiais para industrias farmacéuticas, de asistencia sanitaria e de ciencias da saúde, proporcionando os elementos necesarios para promover a investigación, o desenvolvemento e a produción en campos como a biotecnoloxía e farmacia. As oficinas centrais do Grupo Lonza ubícanse en Basilea (Suiza), mentres que a súa actividade produtora se desenvolve mediante unha extensa rede de 26 plantas e centros de I+D operativos en todo o mundo, entre eles dous en España: o do Porriño e o de Barcelona.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-09-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES