Notas de prensa

Recepción na Deputación Provincial aos gañadores co Campeonato Galego de Rallyes

Os pilotos e irmáns Pedro e Marcos Burgo achegáronse ao Pazo de San Marcos no coche de competición que lles deu a victoria no Rallye San Froilán e no Campionato Galego.

O piloto de rallys Pedro Burgo e o seu copiloto, Marcos Burgo, foron recibidos polo vicepresidente da Deputación, o nacionalista, Antón Bao. Os irmáns Burgo chegaron, ata os xardíns do Pazo de San Marcos, no seu coche de competición. Pedro Burgo explicoulle a Antón Bao as especiais características de este vehículo que lles permitiu acadar a victoria na 30ª edición do Rallye San Froilán e así converterse, tamén, en gañadores do Campionato Galego de Rallyes. Burgo proclamouse campión de Galiza logrando o triunfo en todas as probas do certame que rematou. A partir de agora, centrarase no campionato estatal, no que se atopa clasificado en quinta posición sendo o primeiro clasificado no grupo N.

Esta recepción enmarcase na serie de visitas de deportistas que o vicepresidente, como responsable da Área de Cultura e Deporte, está a recibir na Deputación, segundo Antón Bao “temos que achegar a institución aos cidadáns e tamén os cidadáns, neste caso os deportistas, está convidados a achegarse á institución para coñecela de preto e saber que está ao seu servizo”. Antón Bao sinalou a Pedro Burgo como “unha mostra máis de que Lugo e Galiza é unha potencia no deporte do motor” e felicitouno por las vitorias acadadas nesta tempada.

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo), 2008-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES