Notas de prensa

Unha empresa galega patenta unha Vela Decorativa con Aroma de Albariño

Novavila patenta, baixo o nome Aroma de Albariño, unha vela decorativa, froito dun traballo de investigación e desenvolvemento de enólogos, cereiros e perfumistas. A partir da uva albariña, desenvolve un produto de gran prestixio en países como Francia, Italia, Xapón ou Estados Unidos.

Un dos principais sentidos utilizados para identificar un bo albariño, ademais do gusto, é o olfacto. NOVAVILA, unha das adegas galegas que producen este tipo de caldos, quixo ir máis alá coa presentación, en Santiago de Compostela, de "Aroma de Albariño", a primeira vela decorativa con fragrancia de albariño.

A empresa NOVAVILA, con máis de 25 anos na elaboración do albariño e propietaria do primeiro hotel enolóxico do albariño, situado en Meis (Pontevedra), foi a impulsora de "Aroma de Albariño", que xa se considera un referente en I+D+i do sector. Para o desenvolvemento da vela, ademais da carta de cata para obter un resultado igual ao mellor aroma do albariño, contouse coa colaboración de enólogos, expertos cereiros, así como de perfumistas.

Deste xeito, "Aroma de Albariño" convértese no primeiro produto galego que conxuga aromaterapia, decoración e vinoterapia a partir da nosa uva máis aromática.
Por outra parte, e como valor engadido a este novidoso produto, a vela decorativa está presentada dentro dun moderno vaso de cristal, ideado para ser utilizado tras consumirse a vela para degustar "un bo albariño".

José Luis Vilanova, xerente de NOVAVILA Rías Baixas e promotor desta iniciativa, explicou a esencia pola que nace este novo produto. "A busca constante de elementos vinculados ao viño, que incrementen o desfrute dos nosos clientes, levounos a crear un produto novidoso e que estimula o relax. O olfacto é o sentido que ten maior capacidade de recordo. Esta vai a con aroma de albariño, ademais de ser fonte de pracer, axudará a mellorar a calidade de vida creando un ambiente especial".

A vela será comercializada exclusivamente a través da páxina web www.novavilariasbaixas.com , do Hotel Enológico NOVAVILA (en Meis, Pontevedra) e nas tendas que posúe a familia Vilanova Peña en Ribadumia (Pontevedra) e Valencia.

Sobre NOVAVILA

NOVAVILA Rías Baixas S.L., propiedade da familia Vilanova Peña, consta dunha adega de produción propia de viño albariño e dun hotel enológico, inaugurado antes de verán en Meis, Pontevedra, converténdose no primeiro hotel enológico do Viño Albariño.

Este último consta de máis de 5.000 metros cadrados de terreo, 5 cuartos de matrimonio, adega de manufactura, zona de catas, tratamentos de vinoterapia a partir das súas propias uvas, piscinas, etc., e todos e cada un dos artigos que compoñen o seu selecta e coidada decoración forman parte dun showroom, polo que poden ser adquiridos polos seus hóspedes.

Ademais, a maior parte da decoración de NOVAVILA (cadros, estanzas, etc.) xira en torno ao mundo do viño Albariño, e cátase e comercializa o viño realizado na adega do propio hotel.

Novalia Rías Baixas S.L., 2008-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES