Notas de prensa

Ferrol acolle o Campeonato de España de Triatlón

Preto de 700 participantes daranse cita 0 13 e 14 de setembro nesta competición nacional presentada ante a presencia do triatleta galego Javier Gómez Noya.

A cidade de Ferrol acollerá os vindeiros días 13 e 14 de setembro o Campionato de España de Triatlón con perspectivas de ser “a proba estrela do ano”, segundo asegurou o presidente da Federación Española de Triatlón, José Hidalgo, na presentación do evento que tivo lugar hoxe no Salón de Recepcións do Concello e na cal participaron tamén o alcalde ferrolán, Vicente Irisarri; o concelleiro de Deportes, Manuel Santiago; o deputado provincial e concelleiro de Facenda, Ramón Veloso; e o virtual campión do mundo de triatlón de 2008, Javier Gómez Noya.

Vicente Irisarri manifestou a súa ledicia polo feito de que un evento de tales características se celebre en Ferrol e expresou o seu desexo de que isto sirva ademais como medio para a proxección desta localidade a través das actividades e do deporte. Pola súa parte, o edil Manuel Santiago lembrou que a cidade é tamén, nestes días, centro mundial do body e do surf cos campionatos que se están disputando nas praias de Doniños e Pantín, e que a próxima semana se convertirá na cidade da versatilidade deportiva, dado o carácter multidisciplinar do triatlón. Así mesmo, o concelleiro sinalou que Ferrol ofrece unhas magníficas condicións para a desputa das probas, ao contar coa ensenada de Caranza, onde se nadarán os 1.500 metros; un espléndido entorno rural con contraste entre montes e montañas, por onde transcorrerán os 40 kilómetros da proba de bicicleta; e un barrio histórico como é o da Magdalena, no cal se farán os 10 kilómetros da carreira a pé.

O diputado provincial e concelleiro de Facenda do Concello ferrolán, Ramón Veloso, dixo sentirse moi orgulloso de que esta proba poida celebrarse en Ferrol e falou dela como un exemplo para a xuventude, algo moi importante de cara a que esta creza cunha boa formación e tamén sá.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2008-09-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES